As persoas maiores de 60 anos empadroadas no Concello de Ourense poderán disfrutar un ano máis das actividades organizadas pola Concellería de Benestar Social e destinadas especificamente a este colectivo. Deste xeito, os maiores terán a súa disposición un total de 22 cursos destinados tanto a súa formación e o seu entretemento así como ás actividades físicas. Poden inscribirse nos que desexen a partir deste 2 de setembro ata o día 11 nas oficinas de Servicios Sociais. Para participar é imprescindible ser veciño de Ourense.
 
 
Ourense oferta 22 cursos e obradoiros para as persoas maiores de 60 anos  

3 de SEPTIEMBRE de 2009: OURENSE DIXITAL

Un total de 22 cursos anuncia o Concello de Ourense para o novo curso destinados ás persoas maiores. Dentro destes 22 cursos, aparecen as novidades do curso integrado de actividade física e memoria e o de informática en nivel avanzado.
Segundo informa o Concello, algunhas das actividades que se ofrecen novamente son o de iniciación e perfeccionamento en informática e manexo do teléfono móbil, pintura, manualidades, música ou teatro. Tamén poderán inscribirse en cursos de risoterapia, estimulación da memoria, animación á lectura e habilidades sociais. No campo do deporte ofértanse clases de pilates, ximnasia e natación, tanto en iniciación como en perfeccionamento.

Para inscribirse nestes cursos é necesario presentar, xunto coa solicitude de admisión, unha fotocopia do DNI, o certificado de empadroamento en Ourense e un certificado dos ingresos do solicitante. Ademais, para as actividades físicas hai que adxuntar un informe médico.
Cada persoa deberá solicitar os cursos por orde de preferencia xa que se concederán un máximo de cinco por persoa, dos que non poderán ser máis de tres os dedicados á actividade física. No caso de que unha persoa solicite máis, só se lle concederán cando queden prazas vacantes.

O prazo de inscrición para estes novos cursos comezou este mércores, 2 de setembro, e estará aberto ata o próximo día 11 do mes. As solicitudes deben presentarse en horario de 9 a 12 horas da mañá nas oficinas de Servicios Sociais do Concello de Ourense que están situadas na rúa Bispo Carrascosa nº 14.

Volver atras
Imprimir Página