Co fin do período vacacional a Concellería de Xuventude retoma as actividades do programa de oferta lúdica formativa para a mocidade, Ourense Xove, segundo anuncia o departamento da nacionalista Marta Arribas. No vindeiro mes de setembro comezarán os cursos de Pilates, Audiovisuais e Danza do Ventre. Nestes dous últimos aínda é posíbel reservar praza.
 
 
Co remate das vacacións, repóñense as actividades do Ourense Xove de Xuventude do Concello  

31 de AGOSTO de 2009: OURENSE DIXITAL

Remata o máis forte das vacacións de verán e a Concellería de Xuventude do Concello de Ourense que dirixe a nacionalista Marta Arribas, repón o programa Ourense Xove. De xeito que a partires deste martes, primeiro de setembro, comezan tres cursos: Pilates, Audiovisuais e Danza do Ventre.
O comezo do Curso de Audivisuais, que inclúe nocións sobre manexo de videocámaras, realización de vídeos, edicións, etc, esta previsto exactamente para o vindeiro 8 de agosto. A duración do curso é de 30 horas en horario de tarde (de 18.00 á 20.00 h) e rematará no mes de novembro. Impartido pola academia PR Informática e Formación,o seu prezo é de 32,10 euros.

No caso do obradoiro de Danza do Ventre, este dará comezo o dia 10, xoves, no Ximnasio Club 2000. Ten unha duración de  15 horas en horario de tarde (21.30-22.30h) e remata a finais de setembro. O prezo de inscrición é de 21,40 euros.

Todos os interesados en participar nalgunha destas actividades deben dirixirse ás dependencias da Oficina Municipal de Información Xuvenil situada na Praza de San Martiño nº2. Tamén poden recibir máis información a través do teléfono 988 388 154 ou o correo electrónico.
O único requisito que se precisa e ter en 15 e 35 anos de edade
.

Volver atras
Imprimir Página