Ao botarlle as contas ao diñeiro que os concellos desta provincia veñen de recibir dos plans de Choque e Cooperación da Xunta de Galicia, o delegador Territorial en Ourense, Rogelio Martínez, volve a insistir en que “fíxose xustiza”, “tódolos concellos recibiron cartos”, e “non coma co anterior goberno no que os 80% dos fondos repartíronse entre 15 concellos”. Todos do PSOE, sinala Rogelio Martínez, como por exemplo o de Ourense. No caso do da capital recoñecese que non se chega aos 1,2 millóns que Ourense recibíu en 2008, pero é que “todos precisan axudas para loitar contra a crise”, insiste Rogelio Martínez. A Xunta pecha as achegas e bótalle as contas aos casi 10 millóns de euros que reciben os 92 concellos ourensáns.
 
 
Martínez di que “fíxose xustiza” no reparto dos plans contra a Crise e de Cooperación en Ourense
Rogelio Martínez e Beatriz Mato, conselleira de Traballo (ARCHIVO)
31 de AGOSTO de 2009: OURENSE DIXITAL

A 3,5 millóns de euros se elevan as aportacións que leva feito a Xunta de Galicia á provincia de Ourense en materia de cooperación a través do “Plan de choque” contra o desemprego. O delegado Territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, completou a entrega dunha segunda partida de 1,8 millóns de euros aos concellos desta provincia, que se suma a unha primera de outros 1,7 millóns, segundo informa Presidencia da Xunta de Galicia.
O delegado Territorial da Xunta en Ourense asegurou que agora “fíxose xustiza”, xa que “tódolos concellos da provincia recibiron cartos”.
“Non coma co anterior goberno no que o 80% dos fondos repartíronse entre 15 concellos, todos do PSdeG-PSOE”, sinalou Rogelio Martínez.

Segundo establecen este plans de cooperación Xunta-concello, as contratacións dos desempregados realizarase en actividades vinculadas a novos xacementos de emprego que lles ofrezan maiores oportunidades de readaptación no ámbito laboral. En concreto, os contratos estarán dirixidos á prestación de servizos en materia medioambiental, social, cultural, de protección civil e de servizos administrativos de informática e novas tecnoloxías.
Os contratos teñen unha duración máxima de 9 meses, de modo que facilitarán unha práctica profesional adecuada para a súa posterior reinserción laboral.

Aos 3,5 millones deste Plan de Choque hai que sumar nesta provincia os 6,2 aportados pola Consellería de Traballo e Benestar Social e destinados ao Plan de Cooperación cos concellos, o que fai un total de casi 10 millóns de euros no conxunto dos 92 concellos desta provincia.

Reparto por comarcas

Según dos datos que manexa e facilita Presidencia da Xunta, estes casi dez millóns de euros foron repartidos por comarcas do seguinte xeito:

- Comarca de Valdeorras (Vilamartín de Valdeorras, A Rúa, Petín, Larouco, O Bolo, A Veiga, O Barco de Valdeorras, Rubiá e Carballeda de Valdeorras): 619.912 euros.
 
- Comarca de Conso-Frieiras (Vilariño de Conso, Viana do Bolo, Gudiña, A Mezquita): 382.014 euros.

- Comarca de Monterrei (Cualedro, Monterrei, Verín, Vilardevós, Laza, Oimbra, Castrelo do Val, Riós): 729.060 euros.

- Comarca da Baixa Limia (Bande, Muiños, Lobios, Entrimo, Lobeira): 770.741 euros.

- Comarca da Limia (Vilar de Santos, Sarreaus, Trasmiras, Sandiás, Xinzo de Limia, Rairiz de veiga, Porqueira, Calvos de Randín, Baltar, Os Blancos, Vilar de Barrio) : 897.265 euros.

- Comarca de Ourense (Vilamarín, A Peroxa, Coles, Nogueira de Ramuín, Esgos, Pereiro de Aguiar, San Cibrao das Viñas, Taboadela, Barbadás, Toén, Ourense, Amoeiro): 1.800.900 euros.

- Comarca de Allariz (Xunqueira de Espadanedo, Maceda, Baños de Molgas, Xunqueira de Ambía, Allariz, Paderne de Allariz): 612.352 euros-

- Comarca de Terras de Caldelas (San Xoán do Río, Trives, Manzaneda, Chandrexa de Queixa, Montederramo, A Teixeira, Castro Caldelas, Parada do Sil): 404.775 euros.

- Comarca do Carballiño (Irixo, Piñor, San Cristovo de Cea, Carballiño, Maside, Punxín, San Amaro, Boborás, Beariz): 588.058 euros.

- Comarca do Ribeiro (Leiro, Beade, Cenlle, Castrelo de Miño, Ribadavia, Arnoia, Cortegada, Melón, Carballeda de Avia, Avión): 756.661 euros.

- Comarca Terra de Celanova (A Bola, Cartelle, Celanova, Gomesende, A Merca, Padrenda, Quintela de Leirado, Verea, Ramirás, Pontedeva): 879.678 euros.

- Á Deputación Provincial 676.824 euros e a diversas Mancomunidades da provincia un total de 658.794 euros.

938.000 euros para o Concello de Ourense

No que respecta ao Concello de Ourense, según estas mismas fontes o Goberno de Francisco Rodríguez recibíu nesta última fase do Plan de Choque un total de 578.480 euros, o que totaliza 938.410 euros entre este Plan e o de Cooperación.
Unha cantidade que está por debaixo dos 1,2 millóns de euros que recibíu o Concello de Ourense o pasado ano, pero que Rogelio Martínez explica “porque o anterior reparto executouse en detrimento doutros concellos da provincia, e todos precisan axudas para loitar contra a crise”.

Volver atras
Imprimir Página