O Secretario Xeral de Emigración da Xunta, Santiago Camba, vén de asegurar en Buenos Aires que “os programas sociosanitarios para os residentes no exterior son prioritarios para Galicia”. Camba fixo estas declaracións no Centro Galego de Buenos Aires, no acto de sinatura do convenio de colaboración entre o Presidente da Obra social de inmigrantes españois e os seus descendentes residentes na República Arxentina (OSPAÑA), José Luis Seoane, e o presidente do Consello Profesional de Ciencias Económicas da Cidade Autónoma de Buenos Aires (SIMECO).
 
 
A Xunta di que os programas sociosanitarios para a emigración “son prioritarios para Galicia”
29 de AGOSTO de 2009: OURENSE DIXITAL
   

“Os programas sociosanitarios para os residentes no exterior son prioritarios para Galicia”, sinalou o Secretario Xeral de Emigración da Xunta, Santiago Camba Bouzas, no trascurso dun acto que se celebrou no Centro Galego de Buenos Aires. Tratouse da sinatura do convenio de colaboración entre a Obra Social de inmigrantes españos e descendentes en Arxentina, OSOÑA, e o Consello Profesional de Ciencias Econímicas da Cidade Autónoma de Buenos Aires, SIMECO.

Este convenio permitirá a colaboración de OSPAÑA e o SIMECO, que reúne a 65.000 matriculados, o que o converte no de maiores dimensións de América Latina. Segundo manifestou Santiago Camba, o acto ao que prestou apoio este xoves “pode ser considerada unha data sinalada para ambas entidades”.
Neste sentido, engadiu que OSPAÑA está a dar “pasos importantes” e agradeceu o esforzo que están a realizar tanto os seus directivos como os do Centro Galego para mellorar a xestión e os servizos que prestan á colectividade.

Pola súa banda, o presidente de SIMECO manifestou a súa dobre satisfacción pola sinatura deste convenio. Por unha banda, indicou que “esta sinatura supón a plasmar un esforzo continuado”, ao tempo que asegurou que, sendo el nado nas Illas Baleares e presidente dunha institución arxentina, este acordo é parte “da construción de Arxentina dende as raíces españolas”.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página