O Concello de Ourense constituirá unha empresa de inserción laboral destinada a fomentar a formación e integración laboral de persoas en risco ou situación de exclusión social. Así o acordou este venres a Comisión de Pleno que presidiu o alcalde da cidade, Francisco Rodríguez. A Comisión deu o visto bo ao inicio dos traballos destinados a desenvolver esta iniciativa, coa que “o Concello pretende dar un paso adiante no desenvolvemento de políticas activas de emprego que contribúan a diminuir o paro na cidade”.
 
 
Unha empresa de inserción laboral fomentará o acceso ao emprego das persoas en risco de exclusión
Fotografía : JOSÉ CERDEIRA 
29 de AGOSTO de 2009: OURENSE DIXITAL
   

O Concello de Ourense vai constituir unha empresa adicada á inserción laboral das persoas en risco ou xa en situación de exclusión social. Foi o principal acordo tomado este venres pola Comisión de Pleno que presidiu o alcalde, Francisco Rodríguez.
Os primeiros traballos consistirán na constitución dunha comisión de estudio formada por concelleiros, xurídicos e técnicos municipais, que se encargará de elaborar unha memoria relativa aos aspectos sociais, xurídicos, técnicos e financieiros da prestación deste novo servicio de inserción laboral.
A empresa contará coa participación das entidades locais que se adican na actualidade á inserción sociolaboral, ás que o Concello convocará en próximas datas para presentarlles esta iniciativa.

Con esta iniciativa, sinala o Concello que “se pretende dar un paso adiante nos servicios de apoio ó desempregados, que consista non só en proporcionarlles formación e asesoramento para atopar un emprego, senón tamén en xestionar directamente a detección de oportunidades laborais e crear postos de traballo que permitan contratar a estes traballadores, proporcionándolles previamente a formación axeitada”.
Sinala o Concello que apostará por políticas activas de emprego en dous grandes grupos, as medidas de fomento do emprego (con programas de inserción laboral, programas de cooperación, escolas obradoiro, casas de oficios e obradoiros de emprego), e as medidas de mellora da empregabilidade dos desempregados (información e orientación laboral, así como a orientación empresarial).

“A elas unirase a nova empresa de inserción laboral, que suporá un novo avance na xeración de oportunidades de emprego para os colectivos máis vulnerables e de maiores dificultades de acceso ó mercado laboral”, sinala o Concello de Ourense.
Tralo ditame favorable da Comisión de Pleno deste venres, o expediente será presentado a aprobación por parte do Pleno do Concello na súa sesión ordinaria do mes de setembro, o vindeiro venres, día 4.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página