Emprego e Promoción Económica do Concello de Ourense ofrece xa de cara ao mes que ven dous novos cursos, que se incorporan á oferta do Proxecto Auria Inserta. Teñen que ver coas instalacións solares fotovoltáicas e térmicas, e totalizan as 40 plazas. Os destinatarios prioritarios destas dúas novas actividades formativas, como corresponde ao proxecto Auria Inserta, son as persoas con máis dificultades para a súa integración no mercado laboral, que, incluso, en función da situación económica dos participantes, poderán optar tamén a unha beca económica próxima ós 400 euros mensuais durante a duración do curso.
 
 
Auria Inserta incorpora a partir de setembro dous ciclos formativos sobre enerxías renovables
22 de AGOSTO de 2009: OURENSE DIXITAL
   

A Concellería de Economía, Facenda, Emprego e Promoción Económica do Concello de Ourense, porá en marcha a partir de setembro unha nova edición do Proxecto Auria Inserta, que incorpora dous novos ciclos formativos. Son Montaxe e Mantemento de Instalacións Solares e Fotovoltaicas e Montaxe e Mantemento de Instalacións Solares Térmicas, ambas en colaboración coa Fundación Laboral da Construcción.
Segundo sinala o Concello de Ourense, esta nova oferta incorpórase ás xa ofertadas o ano pasado, centradas en actividades sociosanitarias e coidados a persoas dependentes. Cada curso oferta un total de 20 prazas.

“Este Proxecto pretende realizar unha oferta formativa, conxugando coñecementos teóricos con actividades prácticas”, sinalan os promotores destas dúas novas actividades formativas. Os destinatarios son os colectivos con máis dificultades para a súa inserción no mercado laboral é decir, mulleres, inmigrantes e emigrantes retornados, menores de 30 anos, parados de longa duración ou persoas en proceso de rehabilitación ou reinserción laboral, entre outros.
Dende o ano pasado, ofrécese a estes colectivos a posibilidade de recibir formación específica sobre diferentes áreas, compatibilizando as clases teóricas con prácticas en empresas e coa posibilidade de recibir titoración sociolaboral de maneira individual.

En función da situación económica dos participantes, éstes poden optar tamén a unha beca económica próxima ós 400 euros mensuais durante a duración do curso. O financiamento do proxecto é compartido entre o Concello de Ourense e o Fondo Social Europeo, e ascende a un total de 1.785.754,20 euros para o periodo 2008-2011.
A inscrición poderase realizar entre o 1 e o 10 de setembro no Rexistro Xeral do Concello de Ourense, presentando a documentación necesaria, que se poderá descargar tamén desde a páxina web, ou no teléfono 988 222402

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página