A deputada ourensá do PSdeG-PSOE, Laura Seara, activa a demanda do Concello de Castrelo do Val de que a Xunta de Galicia constrúa as fosas sépticas que lle require a Confederación Hidrográfica do Douro a este Concello. Seara Sobrado recórdalle ao Executivo galego que “estas actuacións son competencia da Xunta de Galicia”, polo que presentou en comisión, xunta a Carmen Gallego, unha iniciativa parlamentaria neste sentido.
 
 
Laura Seara recórdarlle á Xunta que a construcción das fosas sépticas son da súa competencia
21 de AGOSTO de 2009: OURENSE DIXITAL
   

A deputada ourensá Laura Seara presentou en Comisión, xunto a Carmen Gallego, unha iniciativa parlamentaria na que se insta á Xunta a construír as fosas sépticas necesarias, requeridas pola Confederación Hidrográfica do Douro, no Concello de Castrelo do Val.
Desta forma, Seara fai eco no Parlamento das demandas que o alcalde e o conxunto da corporación municipal, tralo acordo en sesión plenaria, fixeron chegar por carta á administración autonómica.

A deputada lembra que no Concello de Castrelo do Val a Confederación Hidrográfica do Douro instou ao Concello á construción e adecuación das fosas sépticas en sete dos dezaseis núcleos rurais que compoñen dito Concello.
En total, as obras e melloras que hai que acometer supoñen a construción de 3 novas fosas sépticas e a adecuación de 6 fosas xa existentes.

Seara explica que “estas actuacións son competencia da Xunta de Galicia”,  polo que o PSdeG súmase ás demandas municipais

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página