Levan tres semanas en marcha e nun prazo non superior a catro meses deberán estar rematadas. Cando esto ocurra, verase cumprida unha das principais demadas dos veciños de A Milagrosa e Cruz Alta, que levan anos afrontando o paso pola rúa de Xunqueira de Espadañedo por un funil que para o tráfico son os catro metros ata os que se achica un treito desta rúa. As obras que agora afronta o Concello de Ourensea deixarán unha rúa de 12 metros de anchura, de doble sentido de circulación con senllas beirarrúas. O concelleiro de Infraestructuras, García Mata, visitou as obras este xoves e constatou que “marchan a bo ritmo”.
 
 
Marchan a bo ritmo as obras da rúa Xunqueira de Espadañedo, que rematarán en 4 meses
21 de AGOSTO de 2009: OURENSE DIXITAL
   

A Tenencia de Alcaldía, a través do área de Infraestruturas, está a executar as agardadas obras de ensanche e acondicionamento da rúa Xunqueira de Espadañedo ao seu paso entre as rúas Ponte Deva e Gomense, que este xoves visitou o titular de Infraestructuras e tenente de alcalde do concello de Ourense, Andrés García Mata.
Trátase dunha acción proxectada desde o ano 2002  e sen desenvolverse por mor das expropiacións precisas que agora xa son unha realidade.
Con esta actuación solventarase o problema de funil para o tráfico que xeraba a estreitez deste vial, ao mesmo tempo que se acomete o acondicionamento da zona e a renovación dos sistemas de saneamento e canalización de augas.

Andrés García Mata

Andés García Mata destacou, precisamente, que esta obra é unha das máis demandadas da cidade, si ben dunha certa complexidade, polo que “exemplariza as actuacións deste Goberno de compromiso cos barrios, servizo público y xestión de solucións que nos demandan os veciños”.
A actuación ten un prazo de execución de 4 meses e os traballos estánse a desenvolver “a bo ritmo”.
Só en expropiacións foi preciso consignar 87.000 euros, aos que hai que engadir 165.000 das obras propiamente ditas.

Unha vez rematadas, o treito desta rúa que ata agora só daba un paso de 4 metros de anchura pasará a ter o triplo, 12, doble sentido de circulación en toda a rúa e beirarrúas de dous metros a cada lado.
Ademáis estará dotada de árbores e novas luminarias, e procederase á renovación das redes de abastecemento e saneamento de toda a zona, así como a dotala de espazos para prazas de aparcamento.
A obra inclúe tamén a construcción de senllos muros de contencios nas vivendas das marxes esquerda e dereita do vial.

 
Volver atras
Imprimir Página