Partindo da base de que “está demostrado que canto maior presenza mediática ten esta cuestión, maior é tamén o risco de que se incrementen o número e importancia dos lumes”, a Consellería de Medio Rural establece as bases de cando informará por iniciativa propia dos incendios forestais: só cando os sinistros contabilicen máis de 20 hectáreas de terreno queimadas. Esto és, 25 veces máis do que Greenpeace considera que é un incendio grande, 500 hectáreas ou máis. O departamento de Samuel Juárez considera que esto non interferirá na súa política de comunicación “veraz e transparente”, e revela que só neste mes de agosto leva contabilizadas xá máis de 300 peticións de información sobre lumes.
 
 
Medio Rural só informará "proactivamente" dos lumes forestais que superen as 20 hectáreas queimadas
21 de AGOSTO de 2009: OURENSE DIXITAL
   

A Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia senta as bases da súa política de información ao respecto dos incendios forestais que se están a producir e poideran producirse no futuro nesta Comunidade. Partindo da base de que “está demostrado que canto maior presenza mediática ten esta cuestión, maior é tamén o risco de que se incrementen o número e importancia dos lumes”, o departamento de Samuel Juárez ratifica que só “cando houbera unha afectación superior ás 20 hectáreas (0,2 quilómetros cadrados), se informaría proactivamente dende e Consellería”.

Samuel Juarez, conselleiro de Medio Rural

Tal foi o caso, por exemplo, do sinistro rexistrado fai uns días en montes de Vilardevós, ao respecto do que a Consellería de Medio Rural aclara que en ningún momento sinalou que fora o maior sinistro rexistrado en Galicia neste ano, senón neste verán.

A Consellería de Medio Rural rexeita debates “estériles” que se poideran xerar ao respecto, que “só poden contribuir, en última instancia, a dar aires á actividade incendiaria”, e reafirmase nunha política de comunicación “veraz e transparente”.
Ao respecto da determinación de informar dos lumes cando estes afecten a unha extensión superior ás 20 hectáreas, o departamento de Samuel Juárez sinala que “a organización ecoloxista Greenpeace –ben pouco sospeitosa de defender os intereses de ningún  goberno-, no seu último informe sobre o asunto, “El futuro en llamas”, cualifica como incendios grandes aqueles que superan as 500 hectáreas, é dicir, 25 veces máis do tamaño a partir do cal este Gabinete informa de maneira automática”.

Por último, sinala Medio Rural que só neste mes de agosto recibíronse no Gabinete de Comunicación da Consellería máis de 300 peticións de medios de comunicación sobre incendios. “Todas elas foron respondidas no mesmo día en que foron formuladas, facilitando telefonicamente datos sobre localización, duración, superficie e medios empregados na extinción”. O que quere decir que non polo feito de non informar de oficio sobre aqueles incendios que non contabilizan a superficie sinalada, non se fai nos casos en que son os medios de comunicación e os informadores os que se interesan por casos concretos e específicos.

 
Volver atras
Imprimir Página