Sigue en Ourense o grupo de nenos e nenas fillos de emigrantes senegales na cidade, só que este mércores viaxarán a O Grove onde desenvolverán “un intenso día de lecer e convivencia”. Trátase dunha actividade na que están implicados dende a empresa Aquarium Galicia ata os concellos de O Grove e Ourense, así como a Asociación de Inmigrantes Senegales de Ourense e o colectivo Intergaliza. Os rapaces sairán ás oito e media da mañá para a vila pontevedresa, onde afrontarán o que tamén para o departamento de Marta Arribas é un proxecto que se agarda extender a outros colectivos de inmigrantes da cidade.
 
 
O Concello de Ourense invita aos nenos fillos de senegaleses a coñecer o mar do Grove  
19 de AGOSTO de 2009: OURENSE DIXITAL

Ao longo de todo este mércores, 21 nenos e nenas fillos de emigrantes senegaleses nesta cidade participarán nunha saída á localidade costeira do Grove, unha actividade oprganizada desde a Concellería de Xuventude de Ourense, o propio Concello do Grove e a empresa Aquiarium Galicia, quen convidará aos cativos a unha visita as súas instalacións eun paseo pola ria a bordo dun catamarán turístico.
A actividade foi posíbel grazas ao traballo conxunto destes organismos, a Asociación de Inmigrantes Senegaleses de Ourense e o colectivo Intergaliza, que de cotío ven traballando con este colectivo.

Pola  mañá, os cativos farán un percorrido pola ría a bordo dun catamarán turístico e visitarán as instalacións do acuario do Grove, grazas a colaboración ofrecida pola empresa Aquarium Galicia. Pola tarde, despois do xantar, estes  terán a oportunidade de gozar dun tempo de sol e praia nos arenais desta localidade así como de visitar a vila mariñeira. Asistirán, así mesmo a unha demostración de cetrería. 

“Trátase dun intenso día de lecer e convivencia”, segundo apuntou Marta Arribas, co que se pretende “activar aínda mais os procesos de integración dunha comunidade tan asentada e tan activa na nosa cidade como é a senegalesa”. Desta volta os protagonistas serán os fillos dos propios inmigrantes “para que coñezan outras realidades e se sintan o mais a gusto posíbel neste país que acolle ás súas familias”, sinalou Arribas.
Tanto a edil nacionalista como o tenente alcalde do Grove coincidian en que se trata dunha actividade “ilusionante”  que pretenden manterse no tempo, extendendose ao outros colectivos de inmigrantes da cidade.

Volver atras
Imprimir Página