Un total de 40 rapaces de diferentes Núcleos de Sostibilidade de Galicia atópanse esta semana en Castrelo de Miño, donde toman parte nun campamento organizado pola Consellería de Medio Ambiente. O obxectivo deste campamento de verán é que os nenos recoñezan a importancia do medio rural que rodea os encoros con unha actitude de interese e respecto, tanto polas propias experiencias dos nenos como mediante actividades preparadas con tal fin.
 
 
40 nenos de toda Galicia fortalecen os usos medioambientais en Castrelo de Miño
18 de AGOSTO de 2009: OURENSE DIXITAL
   

Coarenta nenos de diferentes Núcleos de Sostibilidade de Galicia atópanse esta semana no concello de Castrelo de Miño, nun campamento que se dedica a fortalecer os bos usos medioambientais, segundo informa este Concello.
Esta actividade está organizada pola Consellería de Medio Ambiente, e conta coa colaboración do Clube Náutico de Castrelo de Miño.
“O obxectivo destes campamentos de verán é que os nenos recoñezan a importancia do medio natural que rodea os encoros con unha actitude de interese e de respecto, mediante a propia experiencia e mediante actividades lúdicas para indentificar as súas características máis significativas”, sinala o Concello de Castrelo.

Os rapaces están aloxados no Albergue ubicado no mesmo Parque Náutico de Galicia en Castrelo de Miño. Os nenos son de A Bola, 9, 14 de Pontecaldelas, 9 de Covelo, 7 de Poio y un de Vilaboa, con idades comprendidas entre os 8 e os 14 anos.
As actividades programadas, tales como rutas de sendeirismo, iniciación ao piragüismo, vela e winsurf, entre outras, están íntegramente deseñadas para a súa realización dentro do entorno de Castrelo de Miño, facendo incursións educativas na flora e na fauna do contorno, así como actividades lúdico-deportivas no Parque Náutico tales como xogos e veladas.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página