A Xunta de Galicia está a traballar nun proxecto piloto de transporte entre Verín e Chaves, que, entende o Executivo galego, reforzará as relacións transfronteirizas entre Galicia e o Norte de Portugal. A Xunta baralla un servizo que estaría operativo 15 horas ao día (de 7 da mañá ata as 22 horas), cunha frecuencia media dunha hora en períodos punta, polo que se realizarían unha media de 10 viaxes (ida e volta) ao día. Os cálculos da Consellería de Agustín Hernández pevén que do servizo poderían beneficiarse uns 13.000 usuarios o ano, tendo en conta que o paso Verín-Chaves e o cuarto máis activo do Estado despois do de Tui, Badajoz e Ayamonte en Huelva.
 
 
A Xunta ten moi adiantado un proxecto piloto de transporte entre Verín e Chaves
17 de AGOSTO de 2009: OURENSE DIXITAL
   

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas está a analizar a viabilidade de implantar un servizo transfronteirizo de transporte por estrada que conecte as cidades de Verín e Chaves. Trátase dunha experiencia piloto, “que tratará de reforzar as relacións transfronteirizas en corredores con menores volumes de tráfico, facilitando os desprazamentos mediante os servizos públicos”, sinala o departamento de Agustín Hernández.

Os estudos elaborados ata o momento apuntan a que un total de 13.000 persoas empregarían este servizo que estaría operativo 15 horas ao día (de 7 da mañá ata as 22 horas), cunha frecuencia media dunha hora en períodos punta, polo que se realizarían unha media de 10 viaxes (ida e volta) ao día. Este servizo realizarse coa contratación dun minibús.
Segundo a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras, deste xeito darase resposta á potencial demanda dunha liña de transporte que se vén reclamando debido a varias necesidades: a de facilitar a mobilidade das persoas residentes a ambos lados da fronteira e que teñen que realizar este itinerario por motivos de traballo; de compartir equipamentos deportivos, culturais e educativos por colectivos de distintas idades; de potenciar a mobilidade turística; e, por último, de dar resposta ao volume de pasaxeiros que conlevará a futura instalación do hospital comarcal de Verín.

Chaves-Verín, cuarto paso máis activo de todo o Estado

Á espera dos resultados finais que revelen os estudios que se están a desenvolver, a intensidade media diaria entre Chaves e Verín é de 4.000 vehículos, sendo o paso fronteirizo máis activo despois dos grandes itinerarios como Tui-Valença (no Norte), Fuentes de Oroño/Badajoz-Caia (no Centro) e Ayamonte (no Sur).

Sinala a Consellería de Agustín Hernández que, ata o momento, os traballos deste proxecto céntranse no deseño completo de medidas, na memoria técnica e na estimación de ingresos e de custes, que implicará este proxecto. Unha fase de traballo que se prolongará ata finais do mes de outubro.
O seguinte paso, no que se xa se está a traballar, é definir e localizar as diferentes vías de financiamento para a viabilidade deste proxecto. Neste sentido a Consellería adiante que xa ten definidas algunhas posibles fontes de financiamento, como os fondos europeos do programa Interreg (proxectos de apoio a accións transfronteirizas) ou o Programa Marco I+D; ou os recursos do Estado, a través dun contrato programa ordinario do Ministerio de Fomento ou dos fondos da liña de axudas á mobilidade.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página