Con un presuposto de 15,5 millóns de euros, “de inmediato” anúnciase o comezo das obras do proxecto de urbanización da Finca Mariñamansa. Nunha sesión extraordinaria celebrada na mañá deste venres, a Xunta Local de Goberno do Concello de Ourense aprobou definitivamente dito proxecto. O que suón o último trámite administrativo previo ao inicio das obras. O alcalde destaca que, ademais do que suporá de creación de emprego, esta zona “vai ter unha proxección de nova centralidade moi importante de cara a un futuro a corto prazo”.
 
Noticias Relacionadas
  Xa é oficial a titulariedade de máis de 140.000 metros cadrados de Finca Santamariña para a cidade
 
 
As obras de urbanización da Finca Mariñamansa comezarán "de inmediato"
15 de AGOSTO de 2009: OURENSE DIXITAL
   

A Xunta de Goberno Local Extraordinaria do Concello de Ourense celebrada este venres acordou a aprobación definitiva do proxecto de urbanización da Finca de Mariñamansa, o AR-39-E do PXOM de 2003, a instancia da Xunta de compensación. Trátase, deste xeito, do último trámite administrativo necesario, previo ó inicio das obras de urbanización, que ascenden a 15.547.625,72 euros, Inicio que se anuncia agora “de inmediato”

Segundo o alcalde de Ourense, Francisco Rodríguez, o proxecto “ten unha significación especial, sobre todo no que vai supoñer para a creación de emprego”. Co desenvolvemento de zonas residenciais e comerciais, a construcción dun centro social, ou a construcción dun auditorio ó aire libre con capacidade para 5.000 persoas, a zona “vai ter unha proxección de nova centralidade moi importante de cara a un futuro a corto prazo”, en palabras do alcalde.
A zona, ademais, vai estar comunicada mediante a futura Ronda Bulevar, e contará con novas zonas verdes e de ocio, condicións moi importantes dende o punto de vista social, económico e de crecemento dese ámbito do sureste da cidade.

Unha vez aprobado definitivamente o proxecto, cada un dos propietarios aportará a cantidade correspondente dentro do proxecto de compensación, e comezará a desenvolverse dun xeito inmediato.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página