Este martes o Concello de Ourense recibiu o Certificado de Adhesión á Carta das Cidades Europeas cara á Sostibilidade ou Carta de Aalborg. O Certificado de Ahesión é o símbolo de compromiso no traballo cara ao desenvolvemento urbán sostible, segundo le comunica ao alcalde de Aalborg ao seu homónimo ourensán no escrito que dirixe a Francisco Rodíguez. Entende o Concello de Ourense que, deste xeito, “o Concello de Ourense reafirma o seu compromiso coa protección do medio ambiente e coas políticas sostibles”.
 
 
A cidade de Ourense entra a formar parte das Cidades Europeas cara á Sostibilidade
12 de AGOSTO de 2009: OURENSE DIXITAL
   

O Concello de Ourense figura xa oficialmente entre os máis de 600 concellos de toda Europa adheridos á Carta de Aalborg, Carta das Cidades Europeas cara a Sostibilidade.
O propio alcalde de Aalborg, Henning G. Jensen, confirmou mediante un escrito dirixido ao Concello de Ourense a adhesión á Carta, adxuntando o Certificado oficial, “como símbolo do compromiso polo traballo no desenvolvemento urbán sostible”, segundo informou este martes o Concello de Ourense.
Mediante esta adhesión, confírmase a “responsabilidade na acción estratéxica e de coordinación para o desenvolvemento dunha comunidade próspera, creativa e sostible, cunha alta calidade de vida e a participación dos cidadáns nos aspectos da vida urbana” por parte do Concello de Ourense, segundo o certificado.

A Carta de Aalborg foi aprobada polos participantes na Conferencia europea sobre cidades sostibles, celebrada en Aalborg (Dinamarca) en maio de 1994. Coa sinatura da carta, as cidades adheridas comprométense a participar nas iniciativas locais da Axenda 21, e a desenvolver programas a longo prazo cara un desenvolvemento sostible.
O texto orixinal recolle como obxectivos prioritarios das cidades asinantes a aplicación de políticas orientadas ó desenvolvemento sostible; o fomento do principio de desenvolvemento sostible entre as demais autoridades locais; a formulación de recomendacións políticas á Comisión Europea; ou a recollida e divulgación da información sobre experiencias satisfactorias a nivel local.

Para acadar estes obxectivos, quenes se ahiran a esta Carta abogan pola aplicación da eficacia na ordenación do territorio que impliquen unha evaluación ambiental.
Do mesmo xeito, comprométense na implicación e responsabilidade á hora de adquirir compromisos firmes ante o cambio climático, apostando polas enerxías renovables. “Deste xeito, o Concello de Ourense reafirma o seu compromiso coa protección do medio ambiente e coas políticas sostibles”, conclúen sinalando os responsables municipais ourensáns.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página