Parlamentarias socialistas veñen de presentar na Cámara autonómica unha proposta non de Lei para que a Xunta siga apostando polo recoñecemento da singularidade do territroio do Couto Mixto que representan as aldeas de Rubiás, Meaus e Santaigo. Consideran que apoiar este enclave representa “unha excelente oportunidade para axudar a desenvolver esta zona raiana” e “para estudar e recuperar unha parte da cultura esquecida”.
 
 
 
María Quintas
Parlamentarias socialistas reclaman á Xunta propostas para desenvolver o enclave do Couto Mixto
10 de AGOSTO de 2009: OURENSE DIXITAL

As deputadas socialistas Laura Seara Sobrado, María Quintas e Concepción Burgo, presentaron no Parlamento unha proposición non de Lei na que se insta á Xunta a seguir apostando polo recoñecemento da singularidade do Couto Mixto como enclave histórico, e a poñer en marcha accións e desenvolvemento social, económico e cultural desta zona.
A parlamentaria Laura Seara lembra que o Couto Mixto “é un lugar repleto de singularidades históricas e culturais que simbolizan os grandes lazos co país veciño, un enclave de tres aldeas, Rubiás, Meaus e Santiago, que durante anos mantiveron a súa propia organización á marxe da coroa española e portuguesa, funcionando como unha república independente, concretamente, ata o asinamento do Tratado de Lisboa, en 1868”, sinala.
Recórdase que desde que desapareceu legalmente o Couto Mixto a súa singularidade foise debilitando e con ela, desapareceu paulatinamente o papel impulsor do desenvolvemento desta parte da Limia, que “hoxe presenta índices de natalidade moi baixos e índices de emigración moi altos”, sinala Seara Sobrado.

A potencialidade da historia desta zona necesita o pulo das administracións, polo que o PSdeG considera que apoiar este enclave representa “unha excelente oportunidade para axudar a desenvolver esta zona raiana” e “para estudar e recuperar unha parte da cultura esquecida”.
Por isto, “e dada a importancia da igrexa de Santiago”, sinalan as paralmentarias socialistas, ínstase ademais a execución da partida orzamentaria para a súa rehabilitación e a dos seus frescos, “e a mediar, se fose necesario, coa Diócese de Ourense para seguir celebrando actos nela”, sinálase referíndose a igresa de Santiago.

Volver atras
Imprimir Página