Un total de 580.000 euros achegará o Concello de Ourense en axudas para a rehabilitación de vivendas e edificios no Casco Histórico de Ourense, así como no núcleo de Seixalbo. A Xunta Local de Goberno na súa reunón deste xoves ven de aprobar as bases que regulan a convocatoria destas axudas. As cuantías adxudicadas non poderán superar o 80% do custo da obra e os 7.500 euros, sinalan as bases, pero haberá dúas excepcións que teñen como obxectivo fundamental apoiar aos colectivos con máis dificultades neste ámbito.
 
 
580.000 euros para axudas á rehabilitación de vivenda no Casco Histórico da cidade e Seixalbo  
7 de AGOSTO de 2009: OURENSE DIXITAL

A Xunta de Goberno aprobou esta mañá as bases reguladoras da convocatoria para axudas á rehabilitación de vivendas e edificios nas áreas do núcleo histórico  de Ourense e o núcleo etnográfico de Seixalbo. Ditas axudas, xestionadas pola Tenencia da Alcaldía a través da Concellería de Infraestructuras, teñen como obxecto a rehabilitación de edificios e vivendas particulares, así como de elementos comúns e  elementos especiais e de interese arquitectónico.

O orzamento destinado a este fin ascende a un total de 580.000 euros. As cuantías adxudicadas non poderán superar o 80% do custo da obra e os 7.500 euros, sinalan as bases de ditas axudas. Aínda que haberá dúas excepcións, que teñen como obxectivo fundamental apoiar os colectivos con máis dificultades neste ámbito.
Por unha banda, co fin de potenciar o aceso á vivenda dos xóvenes, os menores de 40 anos poderán percibir unha axuda de ata 20.000 euros. Asimesmo, os maiores de 65 anos poderán solicitar ata 15.000 euros, o que permitirá manter a poboación preexistente neses núcleos e fomentará a mellora das súas condicións de habitabilidade.

Redacción do Plan Parcial do sector 29 de O Fonsillón

Na mesma sesión, adxudicouse provisionalmente o contrato de redacción do Plan Parcial do sector de solo urbanizable número 29 do PXOM (no Fonsillón), a don Fernando Copa Martínez, por un total de 65.880 euros. Trala aprobación na Xunta de Goberno Local do pasado 30 de xullo do Plan Parcial do sector de solo urbanizable 05-C Polvorín, lévase a cabo a contratación da redacción do que é o segundo tramo de Os Ponxos.

O ámbito do plan comprende unha superficie neta de 86.616 m2, e o obxectivo é a cesión de solo e urbanización do parque público na ribeira do río Muiños e do sistema xeral viario, e a conexión axeitada co chan do solo urbanizable achegado do Polvorín, conexión coa Ronda Bulevar, e conexión co Concello de Barbadás.

Volver atras
Imprimir Página