Despois de que o 31 de xullo pasado fora publicada no Diario Oficial de Galicia a modificación do Regulamento do Consello de Denominación de Orixe Monterrei, este mércores o titular de Medio Rural, Samuel Juárez, e o presidente da D.O., Antonio Méndez, reunírense para analizar a situación da Denominación en termos xerales. O conselleiro comprometeu co titular desta Denominación o apoio do seu departamento para dar pulo a presenza destes caldos a nivel internacional.
 
 
Medio Rural apoiará a penetración dos viños da Denominación Monterrei a nivel internacional
6 de AGOSTO de 2009: OURENSE DIXITAL
   

O conselleiro do Medio Rural, Samuel Juárez Casado, recibiu este mércores ao presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei, Antonio Méndez Atanes, xunto coa directora xeral de Innovación e Industrias Agrarias e Forestais, Alejandra Álvarez de Mon Rego.
O obxectivo desta xuntanza mantida na Consellería do Medio Rural “foi o de potenciar os viños nunha zona onde a produción vitivinícola  supón unha importante parte da economía”, sinala o departamento de Samuel Juárez.
Aínda que tamén se tratou a presentación de plans de futuro para dar pulo á Denominación de Orixe, buscando sempre potenciar a presenza dos viños galegos, non só dentro de Galicia, senón tamén a nivel nacional e internacional.

Segundo os datos que lle constan a Consellería de Medio Rural, a Denominación de Orixe Monterrei ampara a un total de 328 viticultores (segundo datos de decembro de 2008), cunha superficie inscrita de 357 hectáreas e 23 industrias. O volume de viño cualificado no ano 2008 foi de 814 mil litros, cun valor económico estimado de 3,5 millóns de euros.
Así mesmo, tratouse a modificación do Regulamento do Consello que foi publicada no DOG de 31 de xullo pasado. Tanto o conselleiro como o presidente da Denominación entenden que se trata dunha modificación ampla que afecta a catro dos seus oito capítulos, e que con esta reforma “faise a adaptación do regulamento ao marco legal autonómico, e modifícanse os capítulos relativos a regulación da produción e o relativo á tipificación dos viños”, segundo Samuel Juárez.

Por último, do tratado nesta reunión abierta a análise da situación da Denominación Monterrei, destaca para o titular de Medio Rural que, entre as normas de produción, ampliáse a área xeográfica de Monterrei ao concello de Vilardevós e parte do de Ríos, así como a ampliación da lista de variedades de uva incluídas na Denominación.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página