A substitución das tubaxes do sistema de abastecemento de aguas a cidade, obrigará a partir de este luns a pechar ao tráfico a Ponte Nova. Sómentes quedará aberta ao paso dos buses e a ambulancias e camións de bomberos. Non se descarta que, cando sexa posible, se permita o paso do resto de vehículos, pero non é seguro. Polo que, dende Tráfico do Concello de Ourense, se pide aos ourensáns que, a ser posible, empreguen a Ponte do Milenio, a Novísima ou a de Velle. Os cortes comezan este luns e prevese que se prolonguen ata o vindeiro xoves.
 
 
 
Pechada ao tráfico a Ponte Nova debido a obras de abastecemento de augas
3 de AGOSTO de 2009: OURENSE DIXITAL

A subtitución de tubaxes no sistema de abastecemento de augas da cidade obrigará a realizar un corte de tráfico na Ponte Nova na semana que comeza este luns. Trátase dunha  obras desenvolta desde Aquagest que obrigará a cortar o tráfico no vial durante os días 3, 4, 5 e 6 de agosto e decir, en principio dende este luns ata o vindeiro xoves.
Neste sentido, recoméndase aos conductores que durante estes días empreguen as vías alternativas da Ponte do Milenio ou Velle para os seus desprazamentos.

No caso dos autobuses urbáns e de cara a reducir ao mínimo as molestias acaecidas, habilitaráse na propia Ponte un único carril para a súa circulación.
Así, o tráfico permitiráse sempre e cando o estados das obras o permitan e a circulación realizarase de forma alterna.
Nesta situación, desde a Concellería de Mobilidade anuncian que é posible que se produzan retrasos no horario habitual das liñas que a diario percorren esta zona. O mesmo carril único permitirá en casos puntuais o paso a veículos de emerxencia como ambulancias ou camións de bombeiros.

As liñas afectadas serán ás seguintes:

Liña 1 (Seixalbo –Quintela)
Liña 2 (Seixalbo – Cudeiro)
Liña 3 (Quintela – Rairo)
Liña 4 (Covadonga – Barrocás)
Liñas 6a – 6b  (Est. Autobuses – Residencia)
Liña 7 (Covandonga – Valenzá)
Liña 11ª (Sta Mariña – Oira)
Liña 11b (Vinteún – Cuartel)
Liña 12 (Est. Autobuses – Expourense)
Liña 13a (Palmés – Residencia)
LIña 13b (Palmés – Cuña)
Liña 15 (Viso Cumial)
Liña 16 (Sta. Cruz – San Lázaro)
Liña C17 (Fechos – Mende)
Liña 21 (6º Instituto – Residencia)
Liña 22 (Cudeiro – Rairo)
Liña 23 (Xardín – Oira)
Liña 33 (Quintela – Cumial)

Desde as Concellería de Mobilidade e Tráfico e Seguridade pídese aos veciños disculpas e asegurase que se tratará de que as incidencias sexas as menos posibles.

Volver atras
Imprimir Página