Da comezo este luns o XXII Campamento Urbán de AMENCER que sse prolongará ata o día 14. Organizado outro ano pola Asociación Xuvenil AMENCER, conta coa colaboración da Consellería de Xuventudes e a Tenencia de Alcaldía do Concello de Ourense, xunto a outras entidades e empresas ourensáns. A inscrición é gratuita e, coma outros anos, fanse dous grupos segundo edades: Infantil, de 9 a 15 anos, e Xuvenil para os maiores de 15 anos. O Campamento xa se convertíu nun clásico dos meses de agosto na nosa cidade, cun programa e unha estructura prefectamente definidos.

 
 
Comeza este luns outro Campamento Urbán de AMENCER que acada xa  a vixésimo segunda edición
3 de AGOSTO de 2009: OURENSE DIXITAL
   

Este luns da comezo un clásico xa dos meses de agosto na capital ourensá, o Campamento Urbano de AMENCER. Con esta acada xa a vixésimo segunda edición, o que suón 22 veráns organizandos unhas actividades cuxo programa está dende fai algúns anos perfectamente definido.
AMENCER establece o seguinte programa para as actividades que van dende este luns ata o día 14 deste mes de agosto, segundo se trate de rapaces de 9 a 15 anos ou de 15 en adiante.

CAMPAMENTO INFANTIL: de 9 a 15 anos de idade

Son 10 días de actividades pola mañá, pola tarde e pola noite (para os maiores de 15 anos). Cinco días son enteiros con horario dende as 10’30 ata as 19:30 horas e cinco días son partidos con horario de 10’30 a 13’30 e de 16’30 a 19’30 h.

Os días e os seus títulos son os seguintes:
Luns, 3: Día da Benvida / Tardes do urbano                
Martes, 4: Día do rastrexo por Ourense Centro / Tardes do urbano
Mércores, 5: Día da Xuntanza (día enteiro)
Xoves, 6: Día dos parques / Tardes do urbano
Venres, 7: Día da natureza (día enteiro) / noite de pequenos
Luns, 10: Día da praia (día enteiro)
Martes, 11: Día da Cultura / Tardes do urbano
Mércores, 12: Día do deporte / Tardes do urbano
Xoves, 13: Día da Auga (día enteiro)
Venres, 14: Día da Despedida (día enteiro)
Nas Tardes do Urbano ofertarase máis de quince actividades na base do Campamento urbano, no colexio salesiano: Sala de xogos - ludoteca – videoteca - animación á lectura – saídas culturais – piscina - tardes deportivas – obradoiros - animación de patio - grandes xogos – scalextric xigante – play station - wii e moito máis...

Os datos máis significativos desta 22ª edición son os seguintes:
Datas:  do 3 ao 14 de Agosto
Horario Infantil: de 10.30 a 13.30 horas e de 16.30 a 19.30
Día enteiro: 10:30-19:30
Horario Xuvenil: de 22’30 a 00’00 horas
Idades: de 9 a 15 anos (Infantil) de 15 en adiante (Xuvenil)
Inscrición: gratuíta
Base do Campamento: Colexio Salesiano
Información e preinscrición: Asociación Xuvenil AMENCER
Praza D. Bosco, 1 baixo -  32003 Ourense          
Tfno / Fax:  988 21 81 23
Páxina web: amencer.org 
Correo Electrónico: amencer@amencer.org

CAMPAMENTO XUVENIL: maiores de 15 anos de idade

E polas noites iniciarase a 12ª edición do Campamento Urbano Xuvenil para mozos e mozas maiores de 15 anos de idade en horario de 22.30 ate as 00:00 h.
Serán 8 noites de actividades xuvenís, pois a oferta é de luns a xoves.
Como adianto de todo o que imos a realizar informamos da temática principal desta 12º edición do Campamento Urbano Xuvenil:

LUNS 3

Inauguración- xogo musical de benvida

MARTES 4

Piscina nos remedios

MERCORES 5

Cine ó aire libre

XOVES 6

Termas

          LUNS 10

Deportes

MARTES 11

Cine ó aire libre

MERCORES 12

Piscina nos remedios

XOVES 13

Terraza

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página