Un total de 66 comerciantes da zona de Valdeorras acollense ás axudas da Deputación para a mellora dos seus locais. O importa adicado pola institución provincial este ano a estas melloras é de 270.000 euros, e os comerciantes que se acollen a elas son os das vilas de O Barco, A Rúa e Viana do Bolo. As actuacións, enmarcadas no Proxecto Delorur, teñen coma obxectivo a adecuación, rehabilitación ou primeira instalación de comercios e talleres artesanais. Ademais anunciase, aínda que sin data, a creación e posta en marcha dunha rede WiMax nas comarcas de Valdeorras e Viana, tamén dentro do Proxecto Delorur.
 
 
66 comerciantes de Valdeorras acóllense a axudas da Deputación para mellorar os seus locais  
30 de JULIO de 2009: OURENSE DIXITAL

Un total de 66 comerciantes dos concellos de O Barco, A Rúa e Viana do Bolo recibirán axudas da Deputación de Ourense para a mellora dos seus establecementos comerciais ou a posta en funcionamento de instalacións de nova creación, no marco das actuacións contempladas no Proxecto Delorur de desenvolvemento rural e urbano das comarcas do oriente ourensán.
O importe total destinado en 2009 para estas axudas por parte da Deputación de Ourense ascende a 270.000 euros, segundo ven de aprobar a xunta de goberno da institución provincial.

Moisés Blanco, vicepresidente segundo da Deputación, afirma que estas axudas ao pequeno comercio, “supoñen un impulso e un refrendo da Deputación para potenciar o comercio de proximidade e seguir creando riqueza nas vilas e pobos de Valdeorras”.
En concreto, esta liña de acción do proxecto Delorur enmárcase no apartado de Promoción económica, e contempla a creación de emprego e oportunidades económicas “a través da diversificación produtiva e a mellora das infraestruturas e servizos locais”.

Outra importante actuación enmarcada no proxecto Delorur que se levará a cabo este ano é a creación e posta en marcha dunha rede WiMax nas comarcas de Valdeorras e Viana, que permitirá o acceso a servizos telemáticos da maioría da poboación destas zonas.
As actuacións do proxecto Delorur complétanse con liñas de axudas para financiar actuacións para peonalización, pavimentación, renovación de mobiliario urbano, supresión de barreiras arquitectónicas e instalación de illas soterradas para recollida selectiva de residuos sólidos urbanos, ademais de subvencións para a conservación e rehabilitación do patrimonio etnográfico de Valdeorras (recuperación de fontes, muíños, fornos e lavadoiros, entre outros). O investimento da Deputación para todas estas obras é de 252.000 euros, como xa anunciou no seu momento a institución provincial.

Volver atras
Imprimir Página