O Colexio de Avogados de Ourense ven de recoñecer a xustiza gratuita ao colectivo Amigos da Terra no caso aberto por esta organización no pasado mes de marzo, ao tramitar denuncia ante o SEPRONA e o Xulgado de O Carballiño en relación coa existencia dunha fosa chea de cadáveres de canas provintes da canceira de “A Medela”. O feito supón a primeira vez que en Galicia se lle recoñece este dereito a unha ONG ecoloxista, segundo informa Amigos da Terra.
 
Noticias Relacionadas
  O Seprona constata a existencia dunha fosa común de cadáveres de cans na canceira do Carballiño
 
 
O Colexio de Avogados de Ourense recoñece a xustiza gratuíta a Amigos da Terra
30 de JULIO de 2009: OURENSE DIXITAL
   

O Colexio de Avogados de Ourense ven de recoñecer o dereito a xustiza gratuita ao colectivo Amigos da Terra no proceso aberto por este colectivo a raíz dos cans que apareceron mortos nunha fosa de O Carballiño. Amigos da Terra denunciou o caso o pasado mes de marzo ante o Servicio de Protección da Natureza da Garda Civil, SEPRONA, así como no Xulgado carballiñés.
Segundo o colectivo, é a primeira vez que en Galicia se lle recoñece este dereito a una ONG ecoloxista.

Os feitos denunciados no seu día por Amigos da Terra, refírense o achado de un número indeterminado de cadáveres de cans soterrados nunha fosa común de O Carballiño, algúns recubertos de cal, “mortes que están aínda por clarificar”, e que dende o principio se cre que proveñen da canceira de “A Medela”.
Amigos da Terra reitérase en que existiu “un presunto maltrato animal con resultado de morte subsumible e penalizado no artigo 337 do Código Penal”, polo que o colectivo sinala abertamente que persigue “evitar a impunidade dun grave caso de maltrato animal e da ilegal xestión administrativa da canceira”.
Asunto que podería abranguer, incluso, ao Concello de O Carballiño.

Amigos da Terra felicítase polo feito de que o Colexio de Avogados de Ourense lle recoñeza ao colectivo ecoloxista o dereito a asistencia xurídica gratuita, xa que, sinala, “doutro modo lle carrexaría uns custos aos que Amigos da Terra non podería facer fronte”.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página