O Parque de Carballiño prepárase para acoller estes venres e sábado unha nova edición do Festival Senuncan, e xa van seis. Non é doado tratándose dun Festival que organiza a Asociación Cultural do mesmo nome da vila carballiñesa, e que se autofinancia con moi escaso apoio institucional. De xeito que os organizadores xa poden proclamar, e así o fan, que están a piques de lograr resistir incluso a crise.
 
 
O Parque de Carballiño acollerá estes venres e sábado o sexto Festival Senuncan
30 de JULIO de 2009: OURENSE DIXITAL
   

Carballiño acolle estes venres e sábado, 31 de xullo e primeiro de agosto, unha nova edición do Festival Senuncan. Concretamente trátase da sexta edición deste Festival que organiza esta Asociación Cultural, Senuncan, da vila carballiñesa.
Os organizadores consiguen outro ano artellar unha nova edición deste Festival que conta con moi pouco apoio institucional, e que é autofinanciado pola Asociación que o organiza.
“Nestes tempos que corren xa quedan poucas iniciativas que non dependan das subvencións ou patrocinadores, e costa moito sobrevivir á crise”, sinalan os organizadores que, aínda así, polo menos este ano logran conseguilo.

Os escenario volverá a ser o Parque de Carballiño, e por el pasarán A gran treboada, cabeza de cartel do “Festigal 2009” das festas do apóstolo de

Cartel so Senuncan do ano pasado, 2008

Santiago; o grupo barcelonés Ramborrachera; Muchachos de raíz (Euskadi-Holanda); Phantom Club; Kambotes; Fracasados de antemano; e os grupso ourensáns Os Perqtores, Suzie Q´s, Banda desarmada, Demetrius e In the train.

La organización facilita el siguiente horario provisional, con la advertencia de que podría sufrir a última hora algún que otro ajuste.

 

VENRES 31

SÁBADO 01

 

18:00

 

Música

 

Xogos de sempre e obradoiros
Música

18:00

 

22:30

Demetrius

In the train

20:30

23:45

Banda Desarmada

Suzie Q’s

21:30

01:00

Muyayos de raiz

Fracasados de antemano

22:30

02:15

Phantom club

Chiqulicuatres

23:30

03:30

Rumborrachera

A gran treboada

24:30

 

Os perqtores
(Varios pases entre concertos)

 Os
Kambotes

02:00


 
Volver atras
Imprimir Página