O BNG de Celanova proponlle ao alcalde, o popular Antomio Mouriño, que habilite a explanada da Estación de Autobuses para conquierir máis prazas de aparcamento, aínda que so sexa dun xeito provisional. Os nacionalistas entenden que é preciso solucionar o problema que plantexa aparcar na vila de San Rosendo, asunto que se agrava porla redución de prazas por mor das obras de acondicionamento que se están facendo no Campo das Triguerizas, espazo que viña “aliviando” un pouco esta eiva, sinala o BNG
 
 
O BNG propón ao Concello de Celanova que deixe aparcar na explanada da Estación de Autobuses  
27 de JULIO de 2009: OURENSE DIXITAL

O Grupo do BNG de Celanova propón ao Concello e a todos os comerciantes unha solución transitoria que veña a paliar o problema que representa xa en tódalas vilas, ademáis das grandes urbes, o estacionamento de vehículos, e que se agrava no verán, sinala o BNG.
Neste sentido, sinala o BNG que “a Estación de Autobuses de Celanova leva terminada e sen uso vai para 6 anos. Esta infraestrutura é un ben ocioso que tivo un custo no investimento de máis de 300.000 € e supón unha dotación da rede de transportes que nunca foi aberta e empregada para tal fin”.
Os nacionalistas propoñenlle ao alcalde, Antonio Mouriño, que abra o espazo baleiro da explanada da Estación de Autobuses, o que “sería magnificamente acollido e rendibilizado polos usuarios e comerciantes da nosa localidade”, adianta o BNG.

Recordan os nacionalistas que teñen sido moitas as iniciativas formuladas polo Grupo Municipal do BNG sobre a edificación baleira da Estación destinada ao transporte de viaxeiros e mercadorías.
E máis, o BNG de Celanova adianta que levará a situación xurídica  esta infraestrutura á Comisión Europea a través da eurodeputada Ana Miranda integrada no Grupo Europa do Pobos Verdes, “por ter recibido esta edificación unha axuda económica procedente dos Fondos Europeos de Cohesión”.

Volver atras
Imprimir Página