“Moito que ver, moito para recordar”. Este é o título da exposición que este xoves se inaugurou no Centro Cultural da Deputación de Ourense sobre a paisaxe e a cultura da Ribeira Sacra. A mostra enmárcase no “Plan de Dinamización da Ribeira Sacra” que desenvolven os 20 concellos da comarca a través do Consorcio Turístico Ribeira Sacra co fin de crear unha mellor oferta turística e divulgar a cultura a gastronomía e os produtos desta comarca situada entre Ourense en Lugo. Consta de 44 obras.
 
 
Aberta no Centro Cultural da Deputación unha exposición fotográfica da Ribeira Sacra
10 de JULIO de 2009: OURENSE DIXITAL
   

O Centro Cultural da Deputación de Ourense acolle unha nova exposición. Trátase dunha mostra que se titula “Moito que ver, moito para recordar”, e que recrea a paisaxe e a cultura da Ribeira Sacra.
Na presentación da exposición participou o presidente do consorcio, Juan Carlos Armesto, acompañado polo director do Centro Cultural, Francisco González,  e o acto asistiron representantes dos concellos da Ribeira Sacra, ademais do da cidade e da Deputación ourensá.

A exposición consta de 44 obras, e, segundo Juan Carlos Armesto, “reflexa fielmente o que é a Ribeira Sacra, un lugar que mestura como ningún a paisaxe o patrimonio histórico e a riqueza etnográfica”.
Armesto sinalou que “só existe unha Ribeira Sacra”, o cal calificou de “o principal logro do Consorcio turístico, unir a Ourense e Lugo no obxectivo común de potenciar as súas fortalezas para ter unha Ribeira Sacra unida para darse a coñecer ao mundo con máis forza promocional”.

O presidente do Consorcio recalcou que “o futuro da Ribeira Sacra é magnífico”, e que a zona posúe unha gran riqueza empresarial, con máis de 100 adegas, das cales 30 contan con exposición permanente de viños, e máis de 50 casas de turismo rural e pazos “que dan ao visitante unha ampla oferta gastronómica, cultural e hostaleira”.
Precisamente, o Plan de Dinamización da zona, recalcou Juan Carlos Armesto, pretende poñer en valor toda esta riqueza paisaxística e monumental potenciando con campañas promocionais as excelencias da Ribeira Sacra.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página