O Festival de Cine Independente de Ourense presenta “Baixo as estrelas”, un programa que ofrecerá os venres de tódalas semanas dos meses de xullo e agosto unha selección de películas premiadas polo xurado e o público nas dúas últimas edicións deste Festival. Trátase de ir preparando o ambiente de cara a unha nova edición do OUFF.
 
 
“Baixo as estrelas” proxecta tódolos venres de xullo e agosto unha película na Praza de San Martiño
8 de XULLO de 2009: OURENSE DIXITAL
   

“Unha mirada ao panorama do novo cine contemporáneo”. Esta é a proposta que fan os responsables do Festival Internacional de Cine Independente de Ourense para tódolos venres dos meses de xullo e agosto. Será na Praza de San Martiño, sempre ás once da noite.
Eso sí, se por causa da meteoroloxía as proxeccións non se poideran celebrar na rúa, trasladaríase automáticamente ao Auditorio Municipal da Rúa da Canle.

“Con esta iniciativa preténdese achegar á xente da cidade cara o novo cine contemporáneo, ofrecendo a posibilidade de coñecer a pé de rúa os filmes galardoados”, sinalan os responables do Festival Internacional de Cine Independente de Ourense o poñer en marcha “Baixo as estrelas”, como se denomina esta iniciativa. 

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página