“Os continuos vertidos ao río Barbaña son un mal crónico ao cal as distintas administracións non quixeron porlle freno”, denuncia Montse Valencia asesora xurídica de Amigos da Terra, organización que recorda que xa tramitou tres denuncias ante a Confederación Hidrográfica, entonces do Norte, e ante o Concello de San Cibrao das Viñas, e tan so unha das tres denuncias lle foi contestada. Amigos da Terra xa no 2006 denunciou a presenza de augas fecais neste río, procedentes dunha urbanización de vivendas que carecía de sistema de depuración. Dita urbanización atopábase no Polígono Barreiros.
 
Noticias Relacionadas
  O alcalde de Ourense pide que entre no caso do Barbaña o Fiscal de Medio Ambiente do Supremo
  ADEGA píde á Fiscalía “que manteña informada á cidadanía” no caso da contaminación do Barbaña
 
 
Amigos da Terra esixirá o cumprimento do principio de que Quen contamina, paga
3 de XULLO de 2009: OURENSE DIXITAL
   

Amigos da Terra tramitou tres denuncias en outubro de 2006 ante a Confederación Hidrográfica do Norte, organismo competente na salvagarda do río naquela data, ante o concello de Ourense e ante o concello de San Cibrao das Viñas, anunciando a presenza de augas fecais no río Barbaña procedentes dunha urbanización de vivendas carente de sistema de depuración e do polígono Barreiros, unha das zonas industrias das que proceden parte das augas residuais dos catro polígonos que van dar á actual depuradora na que se orixinaron os feitos recentemente acontecidos.
“Tan so unha das tres denuncias foi contestada”, sinala a organización ecoloxista.

O concello de San Cibrao enviou á entidade ecoloxista un breve informe que recollía os resultados da inspección levada a cabo nas empresas do polígono a raíz da súa denuncia. No mesmo, decíase explicitamente que “a empresa non está conectada ao sistema de saneamento da zona” ou “a empresa inspeccionada carece de arquetas visitables e separación de augas pluviais” anunciando ademais, o nome das mesmas.
Agora, Amigos da Terra anuncia que este informe será remitido á Fiscalía de Ourense onde xa se están levando a cabo as oportunas investigacións para dar coa autoría do vertido tóxico causante dun claro delito ecolóxico do que deberan resultar responsabilidades penais.

Ademais da concurrencia penal e administrativa que debera resultar dos feitos acaecidos no río Barbaña, a Administración debe executar o mandato da Lei de responsabilidade ambiental cuio espíritu parte do principio de “Quen contamina, paga”, sinala Amigos da Terra, “polo que aquel operador que contamine, estará obrigado a reparar os danos ou prexuízos ocasionados ao medio ambiente incluíndo situacións de alto risco que tamén terán a súa valoración económica”, entende a organización ecoloxista.

Segundo esta norma, non é necesario que se produza efectivamente o dano ambiental, senon que será tamén cualificado segundo a lei, a ameaza inminente.
Según Amigos da Terra, no caso da contaminación ao río Barbaña acontecida a semana pasada existe, polo tanto, unha agravante probada que é a seguridade de que xa se viñan producindo vertidos ao río Barbaña e que estes viñan sendo en reiteradas ocasións denunciados, sen que as administracións traballaran para atallar un problema medioambiental que ven de dar o seu máis alarmante resultado: máis de 17000 especies piscícolas mortas, entre as que se atopan especies en perigo de extinción, e a desaparición do 80% da flora de ribeira, sinala Amigos da Terra.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página