Acaba de sair ás librarías o último traballo do escritor e xornalista ourensán Xosé Manoel del Caño, “Conversas con Alfredo Conde”, un libro onde o Premio Nacional de Literatura con “O griffón” e Premio Nadal con “Los otros días”, espídese ante o xornalista para revelar aspectos ata agora descoñecidos deste persoeiro conducido á “fogueira do desprestixio máis demoledor” que un personaxe público pode sofrir, por aquela frase atribuída a Alfonso Guerra e publicada no xornal El País, “¿Qué hace un intelectual de izquierdas de maletero de Fraga?”. “A viaxe a Cuba converteume nun leproso, nun apestado, no grande traidor á esquerda”, recoñece o propio Alfredo Conde nas súas conversas con del Caño.
 
 
Alfredo Conde espídese no último libro de Xosé Manoel del Caño que edita Ir Indo
15 de JUNIO de 2009: OURENSE DIXITAL
   

E, pese a todo, “a vida merece a pena, pese ós erros que se cometen”. É unha das afirmacións que lle fai Alfredo Conde a Xosé Manuel del Caño no libro “Conversas con Alfredo Conde” que acaba de ver a luz publicado por Ir Indo.
Trátese dun traballo no que o autor de “O griffón” e “Los otros”, home de esquerdas no seu día e do goberno de Fraga ao día seguinte, repasasa agora os moitos episodios polo que, xa no seu momento, foi “xulgado, sentenciado e condenado”.

A Conde non se lle perdoaron moitas cousas: a debilidade que mostrou ao entrevistar a Fidel Castro cando era membro de goberno no tripartito de Fernando González Laxe; a súa vinculación logo ao goberno de Fraga; gañar o Premio Nadal con “Los otros

días” en versión castelá despois de ser conselleiro de Cultura e de conquerir o primeiro e, ata o de agora, o único Premio Nacional de Literatura en galego...

Considerase “xulgado, sentenciado e condenado” xa entón, considerado como un Xudas polos seus amigos, incluso os máis íntimos. Xusto despois do divorcio, “saín da Consellería de Cultura cunha man diante e outra detrás”, afirma.
Agora, Alfredo Conde espídese nas súas conversas con del Caño, e asegura que puido volver con Fraga a ser conselleiro despois de deixar o posto, que Xosé Manuel Beiras “era o fillo predilecto de Galaxia”, que cando Fraga lle pedíu o seu parecer sobre A Cidade da Cultura “díxenlle que me parecía unha animalada”, que ao seu pai “levanteille a man tres veces; a última levanteille unha banqueta”, e admite que “a viaxe a Cuba converteume nun leproso, nun apestado, no grande traidor á esquerda”.

“Beiras foi ó meu escano, deixou diante vinte pesos e díxomo: Aí tes o soldo do traidor...”, revela agora Alfredo Conde.
 
Volver atras
Imprimir Página