O BNG de Xinzo de Limia segue este luns coa campaña que comezou o sábado para constrarrestar os efectos da que califica de “enquisa trampa” da Xunta de Galicia sobre o Galego. Os nacionalistas están pedindo aos pais e nais de Xinzo que marquen a opción “galego” en Infantil e FEP, e a opción “todo en galego” en Primaria e Secundaria. Critican que a Xunta “dilapide” 200.000 euros nesta campaña, cando hai tanta “precariedade” no ensino público de Galicia.
 
 
O BNG leva a cabo en Xinzo unha campaña a favor do Galego no ensino público de Galicia  
15 de JUNIO de 2009: OURENSE DIXITAL

O BNG de Xinzo de Limia está a levar a cabo unha campaña para rexeitar a “enquisa trampa” da Consellería de Educación e en defensa do idioma Galego. Os nacionalistas de Amador Díaz Penín xa comezaron este sábado pasado esta campaña con unha concentración e reparto de trípticos explicativos, que seguirá este luns en tódolos centros de ensino de Xinzo de Limia.

Trátase dunha campaña, explica o BNG, na que se está convidando aos pais e nais a marcar a opción “galego” en Infantil e FEP, e a opción “todo en galego” en Primaria e Secundaria.
Os nacionalistas de Xinzo discuten a validez que pode ter a enquisa que a Xunta lle vai remitir ás familias dos 350.000 alumnos e alumnas escolarizados en Galicia, e que, para o BNG, é unha “enquisa trampa”.

Cuestionan ademáis os de Díaz Penín, que “se van dilapidar 200.000 euros”, o que califican de “dispendio impresentábel no actual contexto de precariedade de medios humanos e materiais que caracteriza a situación do ensino público en Galicia”, sinalan.

Volver atras
Imprimir Página