Fotografía : JOSÉ CERDEIRA 
 

Marga Martín, concelleira de Sanidade

 
  Con unha duración de tres días, este luns deron comezo en Ouense as VI Xornadas de Saúde e Seguridade Infantil que organiza o Concello de Ourense. Precisamente o alcalde, Francisco Rodríguez, asistíu á inauguración acompañado da concelleira de Sanidade, Marga Martín. Están dirixidas a persoal educativo, sanitario, monitores, coidadores, familias, ou interesados en xeral que desexen asistir
 
 
En marcha as VI Xornadas de Saúde e Seguridade Infantil do Concello de Ourense  
9 de JUNIO de 2009: OURENSE DIXITAL

O alcalde de Ourense, Francisco Rodríguez e a concelleira de Sanidade, Marga Martín, abriron este luns no Salón de Actos do Centro Cultural da Deputación as VI Xornadas de Seguridade e Saúde. Están organizadas pola Concellería de Sanidade do Concello de Ourense e foron declaradas de interese sanitario pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia.
As Xornadas terán unha duración de tres días, dende este luns ata o vindeiro mércores, 10 de xuño, en horario de cinco a nove da tarde. Están dirixidas a persoal educativo, sanitario, monitores, coidadores, familias, ou interesados en xeral que desexen asistir. Os participantes ás sesións recibirán un Certificado de Asistencia.

A xornada deste martes é especialmente intensa, con catro ponencias sobre “A Vida fetal”, “Problemas ontolóxicos infantís”, “A cura das feridas” e “Intoxicacións e tratamento”.
O mércoes terá lugar un obradoiro sobre “Soporte Vital Básico” a cargo da Fundación pública Urxencias Sanitarias de Galicia, en colaboración con SEMES Galicia.
E, de seguido, o acto de clausura

Volver atras
Imprimir Página