Está en marcha o II Concurso de Fotografía Antiga da Escola Rebulir de Ramirás, co que se sigue tentando facer arquivo fotográfico de cotumes, traxes, aparellos e todo o que marcaron etapas da vida de Ramirás e dos concellos limítofes das Terras de Celanova. O prazo de presentación de traballos remata o vindeiro 31 de agosto, e institúese un primeiro premio á mellor colección de fotos e dous máis, un para a fotografía máis antiga e outro para a mellor foto.
 
 
En marcha o II Concurso de Fotografía Antiga da Escola Rebulir de Ramirás
28 de MAYO de 2009: OURENSE DIXITAL
   

A Escola de Baile e Música Tradicional “Rebulir” de Ramirás convoca o que será o II Concurso de Fotografía Antiga, ao que se poderán presentar tanto persoas como colectivos. O prazo de presentación de traballos remata o vindeiro 31 de agosto, e o certame premiará á mellor colección de fotografías, si ben tamén se institúen dous premios especiais, un para a fotografía máis antiga e outro para a mellor foto.

Na sede da Escola Rebulir ou no Concello de Ramirás pódense entregar xa os traballos.
O premio foi creado o ano pasado e colaboración co Concello de Ramirás e o Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo “Xocas” da Deputación de

Ourense, e ten por obxectivos “recuperar a memoria fotográfica de Ramirás e a Comarca de Terras de Celanova, fomentar a investigación, recolleita e indagación de tipo etnográfico entre os participantes, e servir de base para estudar as costumes, traxes, instrumentos, oficios, etc. que eran tradicionais nesta zona”, sinalan os organizadores.

Na pasada edición deste concurso recolléronse máis dun centenar de fotografías que retrataban desde festas e cerimonias até os momentos da vida e o traballo, así como moitos retratos. Deste xeito, “Rebulir” mantén a idea de elaborar un arquivo fotográfico para que estas imaxes non queden perdidas e o arquivo poida ser un referente da historia de Ramirás e dos concellos limítrofes.

 
Volver atras
Imprimir Página