“Unha apertura de miras cara Europa”. Así cualificou o presidente da Deputación de Ourense, José Luis Baltar, a iniciativa que fai posible que unha ducia de estudantes de Batislava, Eslovaquia, estén a desenvolver estes días en Ourense prácticas en empresas do sector da automoción radicadas nesta cidade. Forman parte dun dos programas das Becas Leonardo que posibilita o intercambio de estudantes dos países da Unión Europea. Serán os de Ourense os que o vindeiro ano fagan o mesmo acudindo a Bratislava.
 
 
A Deputación de Ourense aposta por Europa nos programas educativos, sinala o seu presidente
28 de MAYO de 2009: OURENSE DIXITAL
   

O presidente da Deputación provincial de Ourense, José Luis Baltar Pumar, recibiu este mércores en audiencia a un grupo de alumnos de Bratislava (Eslovaquia) que están a realizar prácticas en empresas do sector da automoción en Ourense. Estes alumnos forman parte dun programa “Leonardo” da Unión Europea, que posibilita o intercambio co instituto de FP de A Farixa. Á recepción asistiron tamén os profesores titores dos estudiantes e os representantes dos principais concesionarios de automóbiles de Ourense.

Os 12 alumnos que están a desenvolver en Ourense este proxecto de intercambio estudian en Esolvaquia un plan de estudios equivalente a unha enxeñería, con asignaturas específicas das ramas de Mecánica e Robótica, segundo explicou o coordinador do proxecto, o profesor Miguel Reza, director do centro de FP de A Farixa. “A nosa intención é que da mesma maneira que eles poden vir a Ourense, os nosos alumnos poidan desprazarse durante un mes a Eslovaquia para facer prácticas en empresas daquel país”, dixo Miguel Reza.
No caso dos alumnos ourensáns, o ámbito empresarial que se busca está relacionado cos sectores da construción, informática, telecomunicacións e turismo, que son as especialidades formativas que se imparten no Instituto da Farixa.

Pola súa banda, o presidente da Deputación, José Luis Baltar, dixo que esta experiencia “supón unha apertura de miras cara Europa, e pon de manifesto a necesidade cada vez maior de que existan medios para favorecer a mobilidade dos nosos xoves, no que atinxe a formación e a experiencia laboral”. Baltar engadiu que “todos somos Europa, e todas as iniciativas que sirvan para enriquecer a bagaxe académica, cultural e social das nosas xentes será sempre apoiada pola Deputación de Ourense”.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página