Concello de Ourense e Consellería de Sanidade organizan este lunes unha actividade de loita contra as drogas. Trátase da “Xornada de formación sobre cine, prevención e sensibilización contra a drogadición”. Proxectaranse tres películas con temática ao respecto, pero subliña a Concellería de Sanidade do Concello de Ourense que non se trata da proxección de tres película sen máis, senón dunha actividade que ten como obxectivos “formar a técnicos e profesorado para que sexan capaces de empregar o cine como recurso pedagóxico”.
 
 
Una xornada tenta ensinar como empregar o cine para previr e sensibilizar contra a drogadición  
25 de MAYO de 2009: OURENSE DIXITAL

No seu afán por colaborar na loita contra as drogas, e co obxectivo de formar a técnicos e profesorado para que sexan capaces de empregar o cine como recurso pedagóxico, a Concellería de Sanidade do Concello de Ourense organiza este luns, 25 de Maio, en colaboración co Centro de Comunicación e Pedagoxía e a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, a “Xornada de formación sobre cine, prevención e sensibilización contra a drogadicción”.

A actividade, que terá lugar no Salón Sociocultural Caixa Galicia a partir das catro da tarde está destinada ó Profesorado, Técnicos en Saúde, Prevención de Drogodependencias, Acción Social, Asociacións de Pais e Nais de Alumnos, e en xeral, a todas as persoas e colectivos interesados.

O emprego do cine como recurso pedagóxico, difundir información e materiais educativos para a prevención de drogodependencias, e facilitar ó profesorado e técnicos asistentes os medios e a orientación para posibilitar accións concretas de prevención, son algúns dos obxectivos da Concellería de Sanidade coa organización da xornada.
Preténdese que o visionado dunha película, xa sexa no cine ou nas aulas, non se convirta nun simple acto festivo ou recreativo, senón unha auténtica experiencia vital que faga reflectir sobre os problemas derivados da drogadicción. Para a realización das actividades de formación distribuiranse Guías Didácticas sobre tres películas que abordan temas relacionados coa drogadicción: “A Torre de Suso”, “Traffic” e “Gracias por fumar”. A película seleccionada será presentada e comentada, con criterios axustados ós fins establecidos, con relatores e expertos invitados
.

Volver atras
Imprimir Página
 
Fotografía : JOSÉ CERDEIRA 
  Marga Martín, concelleira de Sanidade