O CHOU deulle a benvida este xoves aos 23 novos residentes de formación posgraduada que se formarán nestes vindeiros anos neste Centro Hospitalario. A etapa formativa ten unha duración mínima de catro anos e máxima de cinco, no caso das disciplinas cirúrxicas e de medicina interna. Asemade, os novos residentes estrenarán a nova aula de Resucitación Cardiopulmonar xa que, como é tradiciona, esta vai ser a súa primeira actividade formativa.
 
 
Chegaron ao CHOU os 23 novos residentes que se formarán neste centro nos vindeiros anos  
23 de MAIO de 2009: OURENSE DIXITAL

O Complexo Hospitalario de Ourense acolleu este xoves o acto de benvida aos vintetrés novos residentes de formación posgraduada, que se formarán durante os vindeiros anos nas distintas especialidades médicas, de farmacia hospitalaria, psicoloxía clínica e enfermería, completando  a súa residencia neste complexo.
Por especialidades, a mais numerosa desta promoción é anestesioloxía e reanimación, con 4 novos médicos internos residentes (MIR), seguida das de pediatría, radiodiagnóstico e enfermería matrona (EIR), con 2 novos residentes cada unha, mentres que ó resto de disciplinas engaden un único residente: oftalmoloxía, cirurxía xeral e aparello dixestivo, psiquiatría, obstetricia e xinecoloxía, medicina preventiva e saúde pública, traumatoloxía e cirurxía ortopédica, farmacia hospitalaria (FIR), otorrinolaringoloxía, medicina interna, pneumoloxía, nefroloxía, psicoloxía clínica (PIR), e aparello dixestivo.

Ao igual que en anos anteriores, a maioría de novos residentes son mulleres, 60%, “na liña da progresiva feminización que se ven observando en tódalas areas relativas ás ciencias da saúde, incluídas as disciplinas médicas de atención especializada, que ata hai poucos anos contaban cunha escasa presenza feminina”, sinalan os responsabeis do SERGAS.

No acto deste xoves os residentes recibiron as súas acreditacións como especialistas en formación, así como unha guía de acollida que inclúe información de interese, sobre o programa formativo e particularidades do complexo, para axudalos na súa toma de contacto.
Asemade, tanto o xerente xeral, José Luis Jiménez Martínez, como o presidente da Comisión de Docencia, Ovidio Fernández Álvarez, dedicáronlles unhas verbas de benvida.

Os novos residentes estrearán a nova aula de Resucitación Cardiopulmonar (RCP),  xa que como é tradicional esta será a súa primeira actividade formativa. A nova aula, situada no Hospital Santa María Nai, ven de ser reformada e equipada para acoller os cursos que sobre esta materia se impartan ao longo do ano ao persoal sanitario que realice estes cursos de formación ou actualización.

Volver atras
Imprimir Página