Os Alumnos do Máster Oficial de Dereito Urbanístico e do Medio Ambiente que se desenvolve no Campus de Ourense, son os invitados esta fin de semana do Centro de As Corcerizas. Trátase dunha actividade na que Amigos da Terra tenta trasladarlle aos avogados e arquitectos a realidade da xestión dun Lugar de Importancia Comunitaria, LIC, como e éste que, asentado na paraxe de O Caudillo, se integra na Rede Natura Europea.
 
 
Avogados e arquitectos constatan con Amigos da Terra a xestión dun LIC na Serra de San Mamede
23 de MAYO de 2009: OURENSE DIXITAL
   

A necesidade de implementar os coñecementos teóricos nunhas prácticas ao aire libre, levou á Universidade de Vigo e á asociación ecoloxista Amigos da Terra, a organizar unha fin de semana na que avogados e arquitectos comprobarán a realidade da xestión dun Lugar de Importancia Comunitaria integrado na Rede Natura Europea e as construcións bioclimáticas e arquitectonicamente sustentables como son as que completan o Centro de As Corcerizas.

Integrantes da asociación Amigos da Terra teñen previsto informar sobre as técnicas de autoabastecemento do Centro a través das enerxías renovables e, sobre a necesidade de salvagarda dunha paraxe ecolóxica tan importante como é o propio emprazamento onde se sitúa.
Actividades que, segundo informa Amigos da Terra, virán a completar a fin de semana que traslada a clase da facultade á aula do Centro, coa presenza de poñentes como a Dra. Dna. Patricia Valcárcel Fernández ou o letrado da Xunta de Galicia, D. Antonio López Miño.
Ademais da impartición das dúas ponencias e a propia visita e estancia no Centro, realizarase un roteiro etnográfico ao pobo de Rebordechao para a xornada do domingo, que porá fin a dous días de educación, formación e ocio.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página