Pechado o prazo de recepción de pezas audiovisuais para a edición deste ano 2009 do Festival Internacional de Cine Independente de Ourense, as cifras superán o millar de cintas recibidas, provintes, de máis de 70 países diferentes, sinalan os responsables do OUFF 2009. Desde a propia organización do OUFF sinalan o nivel de calidade deste ano respecto de edicións anteriores, con filmes de longo percorrido noutros festivais internacional e que se achegan a este 14º edición do OUFF con varios premios ás costas.
 
 
Medra a calidade, a diversidade e o número de países que tentan participar no OUFF 2009
Fotografía : JOSÉ CERDEIRA 
Isabel Pérez, concelleira de Cultura e responsable do OUFF 2009
22 de MAYO de 2009: OURENSE DIXITAL
   

O pasado venres pechouse o prazo de recepción de traballos ao Festival Internacional de Cine Independente deste ano, 2009, de Ourense. Unha vez que os organizadores fixeros as contas dos traballos presentandos, conclúese en primeiro lugar que aumentan a calidade e a diversidade dos traballos presentados, así como os países de procedencia de ditos traballos.
A cifra de cintas recepcionadas ascende á 1.130, nas que destacan a presenza de curtametraxes (case o 50%) seguido de documentais e pezas de animación.

Destaca a organización do OUFF 2009 que o número de traballos presentados este ano e de 403 menos que o ano pasado, con 1.533 propostas, pero tamén o prazo de admisión reducíuse considerablemente, sete semanas menos, casi dous meses.
Superase o número de países participantes, nada menos que 73. “A futura edición do OUFF 2009 promete ser, ante estas cifras, máis internacional que nunca”, destacan os responsabeis do Festival.

Así mesmo, os técnicos do OUFF insiten en salientar a calidade das pezas recibidas. De feito, destácase que unha significativa cantidade son filmes que xa foron proxectados en Clermont Ferrand, Berlinale, Tribeca (Nova Iorque), Baficie (Bos Aires), o Festival da Habana ou Sundance. Tamén son salientabéis toda unha serie de cintas cuxa recepción e futura exibición no OUFF será única en Europa.

A 14 edición do OUFF desenvolveráse en Ourense do 10 ao 17 de outubro, ao lema e filosofía do “Ano Europeo da Creatividade  Innovación”. Con este motivo o OUFF 2009 será tamén o da homenaxe a Norman McLaren, pioneiro no cine de animación do século XX.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página