Na súa intervención como segundo invitado ao recén creado foro “Debate Popular” do PP de Ourense, o vicepresidente do Parlamento de Galicia, José Manuel Baltar Blanco, anunciou a próxima creación do que se chamará “Instituto Ourensán de Estudos Políticos e Sociais”, espazo para o debate, o pensamento e a opinión, segundo Baltar Blanco. Quen, así mesmo, anunciou a creación da Área de Estudos e Pensamento Galeguista tamén en vindeiras datas. Nun discurso con numerosas alusións precisamente ao galeguismo, Baltar Blanco subliñou a necesidade de “manter vivo o legado cultural e político dos nosos devanceiros”, dixo.
 
 
Fotografía : JOSÉ CERDEIRA 
Baltar Blanco anuncia a creación do Instituto Ourensán de Estudos Políticos e Sociais
19 de MAYO de 2009: OURENSE DIXITAL
   

No seu paso polo foro “Debate Popular” que tivo lugar na capital ourensá este luns, o vicepresidente do Parlamento de Galicia, José Manuel Baltar Blanco, anunciou a próxima creación do que se chamará “Instituto Ourensán de Estudos Políticos e Sociais”, así como da Área de Estudos e Pensamento Galeguista.
Segundo sinalou Baltar Blanco, o Instituto en cuestión será un “espazo para o debate, o pensamento e a opinión, coa finalidade de converterse nun necesario instrumento para reafirmar a identidade ourensán e procurar propostas para o futuro da nosa provincia”.

No que atinxe a creación da que chamou Área de Estudos e Pensamento Galeguista, Baltar Blanco reafirmouse na necesidade, dixo, de “manter vivo o legado cultural e político dos nosos devanceiros, e adaptar esa filosofía á sociedade actual onde debe desenvolver un necesario protagonismo”.
Precisamente ao galeguismo adicou Baltar Blanco parte da súa intervención no foro, como segundo invitando trala súa creación e o paso do actual conselleiro de Educación, Jesús Vázquez.
Na conferencia coloquio, Baltar Blanco explicou tamén o papel das administracións locais en Galicia, sinalando a importancia dos concellos “como entes máis cercanos á cidadania”, apostando pola chamada “segunda descentralización” cara aos municipios.

O vicepresidente do Parlamento Galego na etapa de goberno de Núñez Feijóoo, desenvolveu tamén a súa visión sobre a política, dixo, “como ferramenta fundamental para cambiar a realidade e a necesidade de ir por diante da sociedade grazas ás aportacións dos cidadáns”.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página