Ángel Barja Iglesias

 
  A Aula Musical do Instituto Castro de Baronceli de Verín levará dende este luns o nome de Ángel Barja Iglesias. Deste xeito tentará de recuperarse a figura do musicólogo desta terra, nado no lugar de Terroso do Concello de Vilardevós, pero casi un completo descoñecido incuso nesta zona. O acto terá lugar este lunes, 18 de maio, e contará coa asistencia de familiares do músico finado aos 48 anos en León, e a actuación da Coral de Verín.
 
 
O Castro de Baronceli de Verín adícalle a súa Aula Musical ao músico de Vilardevós, Ángel Barja
18 de MAYO de 2009: OURENSE DIXITAL
   

O Instituto Castro de Baronceli de Verín está traballar estos días para reivindicar a figura de Ángel Barja, nado no lugar de Terroso, Concello de Vilardevós.
Aínda que se trata dun dos músicos máis importantes que ten dado Galicia a pesares de morrer aos 48 anos, sinalan os responsables desta iniciativa, o seu nome pasa desapercibido mesmo na súa comarca de nacemento. Gozou de recoñecido prestixio como compositor, director e profesor musical, especialmente en León onde desenvolveu boa parte da súa carreira e onde faleceu no ano 1985. Pero, aínda así, Ángel Barja é un completo descoñecido en Ourense.

Con motivo da celebración das Letras Galegas, o Instituto Castro de Baronceli adicaralle o nome de Ángel Barja á Aula de Musica do centro. O acto terá lugar este luns, 18 de maio, e contará coa asistencia de familiares do músico e a actuación da Coral de Verín.
O director desta agrupación coral, Edelmiro Mateo, xa pronunciou este pasado venres unha emotiva conferencia diante dos alumnos do centro sobre o seu mestre e amigo Ángel Barja. As actividades encádranse dentro da II Romaría das Letras Galegas.
Ademais do recital poético-musical e a interpretación teatral a cargo dos alumnos do centro, celebrarase un xantar campestre e unha competición de xogos populares.

Ángrel Barja Iglesias naceu en Terroso, Vidardevós, o 5 de outubo de 1938. Terceiro de sete irmáns, xa de cativo na súa terra amosa o seu interese pola música seguindo as bandas nas festas.
Xa de mozo, estudou en Burgos, iniciou o noviciado en Nava del Rey e logo estudou no Colegio Mayor de San Alfonso en Valladolid.
Foi destinado como profesor a El Escorial no curso 65-66, e no 67 Ángel Barja estableceuse en Roma, adicándose de cheo á música.
Morreu o 12 de febreiro de 1985 en León, vítima dun cancro aos 48 anos.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página