Os socialistas de Pereiro de Aguiar proporán no vindeiro pleno que se leve a cabo un proxeco de mellora do entorno do Embalse de Cachamuiña en solo deste Concello. Un proxecto no que se inclúa, entre outras cousas, un carril bici e a creación dun autiditorio ao aire libre, sinala o voceiro do PSdeG-PSOE, César Grande. Do mesmo xeito o Grupo do PSOE aboga pola introdución na area do embalse dunha zona habilitada como embarcadoiro destinado a barcas de recreo e así mesmo que se prepare unha zona para á pesca, practica habitual en Cachamuiña.
 
 
O PSOE de Pereiro proporá ao Concello un proxecto de mellora do entorno do Embalse de Cachamuiña
Fotografía : JOSÉ CERDEIRA 
18 de MAYO de 2009: OURENSE DIXITAL
   

Coincidindo coa celebración do Día da Bici no Concello de Pereiro este domingo, no que se habilita un circuíto na zona do embalse de Cachamuiña, o grupo do PSdeG-PSOE en Pereiro reivindica que “se leve a cabo un proxecto de mellora do entorno”.
Dito proxecto, que ía incluído no programa dos socialistas, inclúe entre outras cousas a instauración dun carril bici, así como a creación dun auditorio ao aire libre. Do mesmo xeito o Grupo do PSOE aboga pola introdución na area do embalse dunha zona habilitada como embarcadoiro destinado a barcas de recreo e así mesmo que se prepare unha zona para á pesca, practica habitual en Cachamuiña. Infraestruturas estas que, para os socialistas, “deberían  estar comunicadas co centro do Concello para un mellor aproveitamento das mesmas”.

Cesar Grande, voceiro socialista en Pereiro, manifesta que estas iniciativas que se presentarán en breve por medio dunha moción, “non as expoñen coa finalidade de que se teñan que realizar de inmediato, senón que se presentarán para que se vaian desenvolvendo en fases co propósito de  que iniciativas sirvan para adecuar o espazo e convertelo nunha area de referencia para o esparexemento así como para sacarlle a máxima rendibilidade ao paraxe”.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página