Fotografía : JOSÉ CERDEIRA 
 

Francisco Rguez., alcalde

 
  Na súa semanal reunión deste xoves,a Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou o proxecto de remodelación do Parque Miño, “actuación deseñada pola Concellería de Medio Ambiente do Concello de Ourense que suporá un investimento de 389.950 euros”, segundo sinala o propio Concello de Ourense. Ademais, aprobouse tamén a contratación e elaboración dun Plan de Infraestructuras para A Ponte e O Vinteún, así como o estudio de viabilidade para a construcción e explotación dun aparcamento soterrado na intersección das rúas Celso Emilio Ferreiro e Valle Inclán.
 
 
O Concello de Ourense acometerá a mellora integral do Parque do Miño
15 de MAYO de 2009: OURENSE DIXITAL
   

Con un investimento de casi 400.000 euros, o Concello de Ourense acometerá a remodelación do Parque Miño desta cidade, a carón do río e do Centro Comercial Pontevella. Con catorce antos de antigüidade, as obras persiguen “acometer unha reforma do Parque mantendo a súa filosofía, e mellorar as súas prestacións e as condicións de uso e disfrute por parte das numerosas persoas que cada día se achegan a esta zona”, sinala o Concello de Ourense tras a aprobar a reformar a Xunta Local de Goberno na súa xuntanza semanal deste xoves.
A execución do proxecto permitirá resolver os problemas de humidades, canalizacións de pluviais e accesibilidade actualmente existentes, así como subsanar o deterioro dalgúns dos seus elementos, e propiciar unha mellora integral e posta en valor do conxunto deste espacio.

O proxecto replantexa os camiños existentes, trazando novos itinerarios que permitirán suprimir as fortes pendentes existentes, canalizaranse as augas superficiais, acondicionarase unha nova zona de xogos infantís, instalarase nova drenaxe, e procederase a unha limpeza dos mananciais que suministran á fonte e ó estanque.
Tamén haberá unha nova lámina de auga, renovaranse as estructuras de cuberta dos merendeiros, reporase o céspede, instalarase novo mobiliario urbano e iluminación, entre outras actuacións. As obras teñen un prazo de execución de 5 meses.

Aparcamento soterrado, Plan de Infraestructuras e obras en Rairo

Na mesma sesión, a Xunta de Goberno Local aprobou tramitar o estudio de viabilidade presentado pola empresa Tureno Morrigan Corporation S.L. para a construcción e explotación dun aparcamento soterrado na intersección das rúas Celso Emilio Ferreiro e Valle Inclán. O estudo será sometido a un período de información pública por prazo dun mes.

A Xunta Local aprobou tamén a contratación dun Plan de Infraestructuras para o barrio da Ponte e O Vinteún. O traballo será realizado por Cidadanía Rede de Aplicacións Sociais S. Coop. Galega, por un importe total de 20.648 euros.

Tamén se aprobaron os pregos de clausulas económico administrativas e condicións técnicas para a contratación, por procedemento aberto, da obra de canalización de augas pluviais da nova estrada A Granxa-Rairo e de humanización de espacio público en Rairo. As obras suporán un investimento de 403.000 euros.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página