O BNG ven de presentar no parlamento unha batería de accións a raíz de coñecerse que a Audiencia Nacional confirmou que Rogelio Martínez está involucrado nun fraude de cartos públicos, concretamente de diñeiro percibido da Unión Europea sin que as obras certificadas estiveran feitas. Os deputados Tereixa Paz y Alfredo Suárez Canal piden ao presidente da Xunta que dea as explicación pertinentes e actúe en consecuencia, e lembran a Núñez Feijóo que foi el quen nomeou a Rogelio Martínez para este posto.
 
 
O BNG esixe a Núñez Feijóo que mova ficha o confirmar a Audiencia o procesamento de Martínez
13 de MAYO de 2009: OURENSE DIXITAL
   

A deputada do BNG Tereixa Paz emprazou este martes ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, a que adopte “medidas políticas inmediatas e contundentes” contra o delegado territorial de Ourense que el nomeou, Rogelio Martínez, toda vez que a Audiencia Nacional xa confirmou que está involucrado nun asunto de fraude con cartos públicos.
Tereixa Paz e Alfredo Suárez Canal rexistraron unha batería de iniciativas parlamentares a través das que reclaman do señor Feijóo que dea as explicacións pertinentes e actúe en consecuencia, toda vez que é súa a responsabilidade de nomear a Rogelio Martínez para o máis alto cargo de representación política e institucional na provincia.

Os deputados nacionalistas instan a Núñez Feijóo a que clarifique se unha “persoa involucradada por sentenza xudicial firme de defraudación de fondos públicos pode seguir ocupando o seu cargo de Delegado Territorial”.
Asemade, a través das iniciativas presentadas preguntan se tiña coñecemento, antes do nomeamento, dos procesos nos que estaba implicado Rogelio Martínez e se foi informado dos mesmos polo propio afectado.

Rogelio Martínez
 
 
Volver atras
Imprimir Página