Tanto as exploracións preliminares como os resultados das probas auguran, a criterio dos técnicos da Unidade, que tódolos tratamentos serán preventivos
Seguindo o protocolo do Programa Galego de Prevención e Control da Tuberculose aos contactos “positivos” faráselles un estudo radiolóxico, que se realizará no Hospital de Valdeorras.
En función dos resultados das probas radiolóxicas instauraranse os tratamentos,  profilácticos ou ben  terapéuticos, directamente polo seu médico de cabeceira
A Unidade estableceu unha liña de coordinación cos servizos de atención primaria especializada da bisbarra que permitirá un seguimento conxunto
 
 
Tan só 30 veciños de Valdeorras precisan tratamento dos 450 aos que se fixo a proba da tuberculina  
9 de MAYO de 2009: OURENSE DIXITAL

Das ao redor de catrocentas cincuenta probas de tuberculina realizadas pola Unidade de Tuberculose de Ourense o pasado martes no Barco de Valdeorras por mor da detección dun caso desta enfermidade nesta localidade, tan só trinta precisarán de tratamento preventivo por resultar positivas, sinalou est venres a Consellería de Sanidade. O que indica que o máis probable é que non padezan a enfermidade, tan só que estableceron contacto con alguén que a tiña, polo que para evitar riscos se lles prescribirá unha medicación profiláctica e seguimento médico

Tanto as exploracións clínicas como os resultados das probas realizadas este pasado martes a 450 persoas da comarca de Valdeorras por por da tuberculose, auguran, a criterio dos técnicos da Unidade de Tuberculose dependente do Servizo de Pneumoloxía do Complexo Hospitalario de Ourense, que “tódolos tratamentos serán preventivos, xa que tódolos contactos permanecen asintomáticos”. Non si, e dacordo co protocolo do Programa Galego de Prevención e Control da Tuberculose da Consellería de Sanidade, aos contactos “positivos” solicitóuselles unha proba radiolóxica ordinaria que se realizará, este mesmo luns, no Hospital Comarcal de Valdeorras.

A proba de tuberculina ou Test de Mantoux é unha proba que consiste nunha inxección intradérmica de antíxenos, para comprobar se o organismo tivo contacto co Mycobacterium Tuberculosis, bacilo responsable da Tuberculose, ou coa vacina da Tuberculose (BCG). Os resultados establécense en función da reacción a esta, e concrétanse no aspecto que presenta a pápula causada pola inxección, precisa a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia.
Cando o resultado é positivo, o que non indica que a persoa sufra tuberculose ou sexa contaxiosa, martizan os técnicos da Consellería, realízase un estudo radiolóxico, xeralmente de resultados normais cando as exploracións clínicas previas non indicaban síntomas. Neste suposto instaurase un tratamento preventivo a base de antibióticos.

A tuberculose é unha enfermidade ben coñecida, cun tratamento sinxelo e moi efectivo que permite a súa completa curación, pero que pode ser grave, e incluso mortal, se non se diagnostica e trata axeitadamente. Por elo é moi importante acudir ao médico, seguir as indicacións dos profesionais e completar o tratamento tanto preventivo como terapéutico.
A tuberculose transmítese de persoa a persoa, a través do aire. Normalmente as persoas que se contaxian son as que pasan máis tempo co enfermo, como familiares, amigos e compañeiros de traballo, e non se contaxia nunca por utilizar obxectos como pratos, vasos, sabas, etc.

Volver atras
Imprimir Página