O pintor Rafael Úbeda presentou hoxe no Centro Cultural da Deputación de Ourense un verdadeiro “concerto de cores”, segundo sinalou o propio autor. A obra de Úbeda, como él mesmo a define, é “sinestésica", unha mestura de sensacións, esa facultade pouco común que teñen algunhas persoas de experimentar unha combinación dos sentidos. A mostra estará exposta ata o vindeiro mes de xuño, e conta coa singularidade de que o día 15 de maio, ás 23 horas, haberá un concerto inspirado na obra de Úbeda, que terá lugar na mesma sala de exposicións don Centro Cultural onde se exhibe a obra do artista.
 
 
Coa exposición de Rafael Úbeda, o Centro Cultural de Ourense acolle “unha mostra de cores”
8 de MAYO de 2009: OURENSE DIXITAL
   

Na presentación da exposición que tivo lugar este xoves, o artista dixo que a exposición que pode verse ata o vindeiro mes de xuño no Centro Cultural “ten un perfil dedicado ao mundo dos sons”. Úbeda quixo ser músico pero acabou sendo pintor de melodías, e precisamente sobre iso trata a súa tese de doutoramento, sobre a interrelación dos sons e as cores. “Para min é unha necesidade investigar sobre isto, porque concibo a pintura como algo inquietante, en movemento constante, coma a música”.

Pola súa banda o director do Centro Cultural da Deputación, Francisco González, afirmou na presentación do artista que Rafael Úbeda “ten para nós un significado especial porque foi él precisamente quen contribuíu coas súas ideas ao deseño dunha das salas de exposición do Centro Cultural”, e engadiu que con esta exposición “vimos a recoñecer a un dos pintores máis significativos e relevantes de Galicia”.

Todos os expertos coinciden en que aproximarse á obra de Úbeda supón interpretar unha extensa melodía pictórica, sin importar moito cal sexa o nivel de coñecementos musicais, nin que saibamos ou non darlle orde a cada unha da notas. Na obra de Rafael Úbeda non hai nada casual, todo ten a súa razón de ser.
A mostra estará exposta ata o vindeiro mes de xuño, e conta coa singularidade de que o día 15 de maio, ás 23 horas, haberá un concerto inspirado na obra de Úbeda, que terá lugar na mesma sala de exposicións don Centro Cultural onde se exhibe a obra do artista.
Un concerto nocturno ao que todo o público está convidado “para escoitar os cadros de Úbeda e ollar a música”.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página