Na reunión semanal dos xoves da Xunta de Goberno, o Concello de Ourense aprobou este 7 de maio o proxecto básico de execución de 52 vivendas de promoción pública no barro de Covadonga, nunha superficie de 1.600 metros cadrados. Así mesmo, tamén aprobou o proxecto de urbanización de Eroski en A Farixa, unha vez que se analizaron os informes técnicos para evitar que a situación na que se atopa o Plan de Urbanismo poida bloquear dito proxecto. Aprobáronse oito convenio do programa Auria Inserta, e deuse conta de que o TSXG anula dúas prazas da Oferta de Emprego Público do 2007, unha de conserxe e outra de socorrista do Servicio de Deportes.
 
 
Aprobados os proxectos das 52 vivendas de promoción pública de Covadonga e de Eroski na Farixa  
8 de MAYO de 2009: OURENSE DIXITAL

O Concello de Ourense aproubou, na súa reunión de Xunta de Goberno deste xoves, o proxecto básico e de execución para a construcción de 52 vivendas de promoción pública na AR 13-N no barrio de Covadonga. A superficie de parcela edificable é de 1.652 m2.
A fachada terá unha adecuada proporción de superficies acristaladas, e rematados en fachada ventilada de chapa minionda de aceiro galvanizado e lacado. A carpintería exterior será resolta mediante aluminio anodizado ou lacado, e as galerías de alzado posterior con peche en celosía de maia metálica.

Por outra banda, a Xunta municipal de goberno aprobou o proxecto de urbanización de Eroski en A Farixa, tras axilizar os informes técnicos para evitar que o proxecto fose bloqueado polo PXOM.
O proxecto de urbanización consiste nun centro comercial de 50.000 m2 con hipermercado (8.000 m.), tendas e áreas de ocio. Ademais, haberá espacio para un museo, área deportiva, xardíns, preto de 600 vivendas, un colexio e unha gardería.

Asimesmo, a Xunta de Goberno Local deu conta da sentencia dictada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no recurso interposto pola Concederación Intersindical Galega (CIGA), pola que se estima o recurso formulado contra a Oferta de Emprego Público de dúas prazas de conserxe e unha de socorrista do Consello Municipal de Deportes no ano 2007, coa súa correspondente anulación. A razón foi o incumprimento dos requisitos esixidos á OEP, xa que as prazas requeridas na oferta non estaban vacantes.

Oito convenios Auria Inserta

Na mesma sesión, acordouse a sinatura de oito convenios de colaboración con empresas para a realización de prácticas non laborais dos usuarios do proxecto Auria Inserta. A sinatura ten como obxectivo permitir ó alumnado a aplicación práctica dos coñecementos adquiridos na súa formación académica, preparándolle para o exercicio da actividade profesional e facilitando a súa incorporación ó mercado de traballo. Ademais, coa realización de prácticas facilitase a avaliación dos aspectos máis relevantes da competencia adquirida polo alumnado, e adquírense os coñecementos correspondentes co perfil profesional, co fin de facilitar a súa futura inserción laboral.

O Proxecto Auria Inserta é cofinanciado polo Fondo Social Europeo e o Concello de Ourense, e, entre as súas accións, recolle o desenvolvemento de cursos formativos dirixidos a persoas desempregadas que constan dunha parte teórica e unha parte práctica.

Volver atras
Imprimir Página