Todo o que xa houbo e algo máis. Desto se compón o programa Ourense Xove que presentou este xoves a titular de Xuventude do Concello de Ourense, Marta Arribas. O novo é un curso de mergullo e outro de socorrismo que se incoporan este ano ás actividades. Sinálase tamén que haberá un programa específico para o verán, que se presentará no seu momento. Por outra banda, a concelleira anunciou o traslado en breve ao antigo edificio da Policía Local da Praza de San Martiño das dependencias de Xuventude, para convertilas aquí "nun espazo de referencia para a mocidade"
 
 
Chega outro Ourenxe Xove con anuncio tamén de cambio de locais de Xuventude a Praza de San Martiño
8 de MAYO de 2009: OURENSE DIXITAL
   

A Concelleira de Xuventude, Igualdade e Voluntariado, Marta Arribas, presentou este xoves a proposta de actividades lúdico-formativas que este departamento vai desenvolver para a mocidade de Ourense de aquí a finais de ano. Neste "paquete" non se inclúe as específicas que se elaborarán cara o vran, e que se presentarán máis adiante.

O programa Ourense Xove, mantén a estética e a filosofía do xa rematado Tope Xove, uha oferta variada para que “as mozas e mozos de Ourense se inscriban nas dinámicas culturais da cidade de xeito creativo e ameno”, sinalou Marta Arribas. Como novidade, nesta edición ofreceráse un curso de mergullo así como a posibilidade de adquirir o título oficial de socorrismo e primeiros auxilios. Os interesados poden apuntarse desde xa mesmo nas

Fotografía : JOSÉ CERDEIRA 

dependencias da Concellería, na rúa Concordia, número 20, entrechán esquerda.

Sinala a Concellería de Xuventude que na oferta desde Ourense Xove figuran tamén actividades que xa foran éxito de participación na convocatoria do 2008, como son  pilates, ioga, cursos de cociña tradicional e vexetariana, danza do ventre, teatro, creación audiovisual ou mesmo iniciación ás linguas italiana e portuguesa.
As actividades serán impartidas por distintos profesionais da cidade cuns prezos que oscilan entre os 20 euros e os 130, concretamente o que custa o título de monitor de tempo libre que imparte Cruz Vermella.
O único requisito para participar nelas é ter entre 15 e 35 anos de idade, e as prazas son limitadas.

Xuventude e Voluntariado vaise para a Praza de San Martiño

Polo momento, as incricións deberán realizarse nas actuais dependencias que Igualdade, Xuventude e Voluntariado ten na rúa Concordia, aínda que este xoves a edil nacionalista anunciou que en moi pronto a oficina de Xuventude trasladaráse aos baixos do antigo edificio da Policía Local, na Praza de San Martiño. 
“Pretendemos que se convirta nun espazo de referencia para a mocidade, onde atopar toda a información que precisan sobre o ocio e a cultura que Ourense pon a súa disposición; así como un lugar desde o que difundir o mundo e  actividades do voluntariado”, sinalou Marta Arribas, que, ademais, adiantou que a futura oficina contará tamén con ordenadores de acceso libre a internet.

 
Volver atras
Imprimir Página