Organizada outro ano polo Concello de Ourense a través da Concellería de Educación, este luns da comezo a MOTECES, a Mostra de teatro escolar para centros de ensino de Sencundaria. A Mostra prolongarse ata o 18 deste mes de maio, e todas as obras serán representadas no salón de actos da Escola Municipal de Artes Escénicas de Ourense. A VIII Edición da MOTOCES arranca coa representación da obra “El último vuelo del Cóndor” a cargo do grupo de teatro Carmargo de Cantabria.
 
Noticias Relacionadas
  PROGRAMACIÓN da MOTECES´09
 
 
Arranca a MOTECES, a Mostra de teatro escolar para centros de ensino, ata o vindeiro día 18  
4 de MAIO de 2009: OURENSE DIXITAL

A Concellería de Educación do Concello de Ourense organiza, un ano máis, a MOTECES (Mostra de teatro escolar para centros de ensino secundario), enmarcada no programa educativo “Teatro, Cine e Danza na Escola”, e que acada con esta a súa oitava edición. A Mostra inaugurarase este luns, ás doce e media da mañá, coa representación da obra “El último vuelo del Cóndor” a cargo do grupo teatral de Camargo (Cantabria), gañador dunha Mostra de Teatro Escolar o pasado ano. No acto, que terá lugar na Escola Municipal de Artes Escénicas de Ourense, estará presente a concelleira de Educación, Ana Garrido.

Coa posta en marcha desta actividade, a Concellería de Educación pretende facilitar o intercambio de experiencias teatrais entre os distintos centros de ensino da cidade e fomentar o gusto pola interpretación e a asistencia ó teatro. Participarán un total de 10 grupos de teatro de 7 centros de ensino da cidade: IES E. Blanco Amor, IES Lagoas, IES Otero Pedraio, IES Universidade Laboral, IES Portovello, CPR Sto. Ángel e CPR Sta. Teresa de Jesús (Carmelitas).

A Moteces´09 celebrarase entre o 4 e o 18 de maio, e todas as obras serán representadas no salón de actos da Escola Municipal de Artes Escénicas de Ourense

Volver atras
Imprimir Página
 
Fotografía : JOSÉ CERDEIRA 
  Ana Garrido, concelleira de Educación