Este mércores, 6 de maio, chegará á capital ourensá a Correlingua 2009, a carreira non competitiva artellada ao redor do Día das Letras Galegas. En Ourense, está previsto que tomen parte na Correlingua 2.700 rapaces e rapazas de 33 centros desta cidade e provincia. En toda Galicia serán 45.000 alumnos de 500 centros de ensino os que tomen parte nesa iniciativa. Para as dez e media da mañá deste mércores está previsto a chegada dos participantes e, ao pouco, comezará a andaina pola lingua pola cidade.
 
 
 
Chega este mércores a Ourense a Correglingua 2009, na que se implican 2.700 rapaces de 33 centros
4 de MAIO de 2009: OURENSE DIXITAL

Para as dez e media da mañá deste mércores, día 6 de maio, está prevista a chegada dos participantes da Correlingua 2009 á Praza Maior desta cidade.
Uns 2.700 rapaces e rapazas de 33 centros da cidade está previsto que tomen parte nesta Correlingua, festa-carreira non competitiva que este ano visita 14 localidades de toda Galicia. Nestes actos pode participar o alumnado de Infantil, Primaria, Secuandaria e mesmo da Universidade, segundo sinalan os organizadores.
En Galicia serán 45.000 os alumnos que tomen parte nesta festa-carreira non competitiva, dun total de 500 centros de ensino.

Xa na Praza Maior, para as 10:45 está previsto que arranque a Andaina pola lingua pola cidade de Ourense, e as carreiras, nunca competitivas pero sí festivas e reivindicativos do emprego do idioma Galego, comezarán as 11:15 cos nenos e nenas de Primaria, e media hora despois os de Sencundaria.

Os obxectivos, segundo sinalan os organizadores, e propiciar a reflexión sobre a situación da lingua e a importancia de activar as accións en prol dela, "sensibilizar á sociedade" a través da poboación infanil da importancia da defensa da lingua, e "asociar a reflexión lingüistica a actividades colectivas, lúdicas e amenas e interdisciplinares".

Volver atras
Imprimir Página