A Xunta Local de Goberno aprobou este xoves o proxecto de expropiación para a obtención de terreos de espacios libres e zonas verdes en Montealegre, destinados ó Xardín Botánico. O ámbito do espazo abrangue unha superficie de 154.970 m2 con 54 parcelas. Nesta mesma reunión da Xunta Local de Goberno aprobouse tamén un convenio coa Consellería de Sanidade en materia de prevención de drogas, e o estudo de detale de tres Áreas de reparto que supón que empece a materizarles a Ronda Bulevar desta cidade.
 
 
Se abre el proceso de expropiación de los terrenos del Xardín Botánico del Montealegre  
1 de MAYO de 2009: OURENSE DIXITAL

O Concello de Ourense acordou na sesión ordinaria da Xunta de Goberno deste xoves a aprobación do proxecto de expropiación para a obtención de terreos de espacios libres e zonas verdes en Montealegre, destinados ó Xardín Botánico. O ámbito abrangue unha superficie de 154.970 m2 con 54 parcelas, e a valoración total de bens e dereitos sometidos a expropiación ascende a 902.835, 88 euros.
A totalidade das fincas incluidas no ámbito do proxecto teñen a mesma cualificación de sistema xeral de espacios libres ou de rede viaria, con dous clasificacións de solo diferentes: a maior parte da superficie, de 139.315 m2, atópanse fóra do chan urbano. O resto, 16.244 m2 atópase en chan clasificado como urbano.

A Xunta de Goberno Local aprobou tamén un Convenio de Cooperación entre a Consellería de Sanidade, o Servicio Galego de Saúde e o Concello de Ourense  para o mantemento do modelo de excelencia europeo EFQM. Consiste na integración de medidas conducentes a reducir a demanda do consumo de drogas, así como outras medidas encamiñadas ó tratamento prevención e incorporación social dos problemas derivados do devandito consumo.

Na mesma sesión, aprobouse o plan de seguridade e saúde de tres obras: as obras de saneamento da marxe esquerda do río Barbaña entre Pozo do Inferno e rúa Carriarico, a obra de iluminación deportiva para campo de fútbol sete e campo de volei praia en Oira, e as obras de acondicionamento de espacios urbanos en Virxe de Fátima.

Asimesmo, A Ronda Bulevar comezou a materializarse coa aprobación inicial do estudio de detalle de tres Áreas de reparto: a AR 15-O Limoeiros II, a AR 19-O Marcelo Macías I e a AR 41-O Marcelo Macías II, redactados pola adxudicataria Fernández Carballada y Asociados S.L.
Tamén se aprobou a contratación do servicio de conservación, mantemento e mellora de zonas verdes de titularidade do Concello de Ourense cunha contía de 734.382,09 euros.
E por último, acordouse adxudicar a contratación do servicio de limpeza de dependencias municipais do Concello de Ourense a “Procedimientos de Aseo Urbano” PAU S.A., por un total de 611.784,82 euros.

Volver atras
Imprimir Página