A Comisión de Pleno do Concello de Ourense reuniuse este xoves para dictaminar a orde do día do Pleno a celebrar o próximo venres 8 de maio, por ser festivo o día 1. Entre os puntos que se debatirán na sesión, destaca o dictamen favorable que hoxe aprobaron por unanidade os tres grupos, e que contén as homenaxes a realizar ó doctor Luis Gallego, como colofón ó expediente de honra iniciado sobre a súa figura.
 
 
Unanimidade dos grupos municipais no dictamen para homenaxear ó doctor Gallego  
1 de MAYO de 2009: OURENSE DIXITAL

Non haberá debate no asunto o haber unanimidade no dictame que se levará a pleno e onde están os actos cos que se homenaxeará ao doctor Gallego. Así, segundo contén o dictame, “como entrañable homenaxe da nosa cidade ó destacado servicio público do dr. Luis Gallego Domínguez, e pola súa calidade humana, adicarlle unha praza e un busto como permanente recordo de futuras xeneracións”.
Asimesmo, consta tamén que “a proposta do alcalde, se designe a praza que deberá ser nomeada  a favor do homenaxeado a título póstumo, cunha placa co seu nome en lugares de nacemento e pasamento, nun acto coa presencia da Excma. Corporación Municipal e de acordo co protocolo regulamentario para estos casos”.

Asimesmo, a Comisión de Pleno dictaminou favorablemente, coa reserva de voto do PP, a aprobación inicial da modificación num. 24 do PXOM, nos terreos do Campus, que permitirá o desenvolvemento do proxecto urbanístico planificado para esta zona, así como os estatutos e regulamentos do Consello Municipal de Deportes, este último tamén por unanimidade e coa renuncia dos grupos a presentar alegacións.

Volver atras
Imprimir Página