Co proxecto os técnicos garanten que, alo menos nos vindeiros 50 anos, Ourense disporá dun abastecemento de auga de calidade. Este xoves, os técnicos de Acuanorte presentáronlle ao alcalde da cidade o anteproxecto das novas captacións, unha nova estación depuradora, o preciso incremento de almacenamento así como  rede en alta. Desenvolver este proxecto custará 26 millóns de euros, e o acalde prevé levar o asunto a pleno para a sú aprobación no vindeiro mes de xuño.
 
 
Concello e Acuanorte sentan as bases dun abastecemento de calidade para Ourense nos próximos 50 anos
1 de ABRIL de 2009: OURENSE DIXITAL
   

Representantes da empresa pública  Acuanorte acudiron este xoves ao Concello de Ourense para presentarlle ao alcalde o anteproxecto que desenvolverá o novo abastecemento de Ourense para os próximos 50 anos, garantindo unha calidade e unha cantidade de auga consonte cos desenvolvementos futuros da cidade. Así, a cantidade de auga que poderá captar a cidade simultáneamente será de 560 litros/segundo, a máxima contemplada no Plan Hidrolóxico Nacional.

O anteproxecto que lle foi presentado ao rexidor municipal contempla a ampliación da captación da marxe esquerda do Miño en 84 litros/segundo, unha nova captación na marxe dereita do Miño de 304 litros/segundo, unha nova estación de Tratamento de Auga Potable na marxe dereita do Miño con capacidade de tratamento para 203 litros/segundo, outra nova Estación de Bombeo dende a nova estación de Tratamento na marxe dereita do Miño ata o depósito de Eiroás, con capacidade de bombeo de 304 litros/segundo e unha nova estación de bombeo en Montealegre con capacidade de 464 litros/segundo.
Ademais será preciso acometer as conduccións necesarias entre estes elementos, a ampliación dos depósitos de Eiroás (6.000 metros cúbicos a maiores dos xa existentes) e de Madrosente, de 5.000 metros cúbicos adicionais), así como o incremento da regulación na marxe esquerda do Miño, distribuida entre Montealegre e as Caracochas, con unha capacidade de 22.500 metros cúbicos entre ambos depósitos.

O presuposto estimado de todas estas inversións será duns 26 millóns de euros, que serán financiados do seguinte xeito: un 10% a cargo dos recursos propios de Acuanorte, un 65% a cargo do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e a porcentaxe restante a través dunha operación financieira auspiciada por Patrimonio do Estado e Ministerio de  MMAA.
“A renovación da rede de abastecemento en alta é o primeiro paso necesario para a sustitución da totalidade da rede abastecemento da cidade, que padece a falta de mantemento dende hai varias décadas, con déficits de caudal e distribución coñecidos por toda a cidadanía”, sinálase dende o Goberno muncipal.

Pola súa parte o alcalde valorou este anteproxecto como “un  fito histórico para a cidade”, que supón “enfrontar o principal problema infraestructural de Ourense: o desaxuste entre as necesidades hídricas da cidade e as captacións existentes”
“Este convenio, que irá posiblemente o pleno de xuño, resolve os problemas de abastecemento de Ourense para os vindeiros 50 anos, cunha inversión de 26 millóns de euros en tres anos, o 60% financiados con fondos europeos”. Algo no que, lembrou Francisco Rodríguez, alcalde, “o PP investiu cero euros”.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página