Non se sabe para qué exactamente, si é con finalidade xeral ou si, pola contra, Francisco Rodríguez porá enriba da mesa asuntos concretos. Pero o caso é que o alcalde ven de convocar unha xuntanza de seguimento do Pacto Local polo Emprego, polo que emplaza aos axentes sociais e laborais da cidade a unha reunión o martes, ás 11 da mañá.
 
 
O alcalde de Ourense convoca ao Pacto Local polo Emprego a unha reunión a media maña do martes  
17 de ABRIL de 2009: OURENSE DIXITAL

Para o vindeiro martes, ás 11 da mañá, convocou o alcalde de Ourense unha xuntanza de seguimento do Pacto Local polo Emprego e a Promoción Económica de Ourense. A esta xuntanza quedan convocatos tódolos axentes sociais e económicos de Ourense, sin que que transcenda si no curso da mesma o rexedor municipal pensa plantexar algún o algúns asuntos en concreto. Dende o Concello só se lembra o ámbito amplo e aberto desde órgano.

Recórdase, eso sí, que á mesa están invitados dende os representantes das organizacións sindicais CIG, CCOO e UGT, hasta a Confederación Empresarial de Ourense e a Xunta de Galicia a través das consellerías de Traballo e de Economía e Facenda.
"O Pacto ten como finalidade concertar cos axentes sociais e económicos a Política de Emprego e Promoción Económica a desenvolver polo Concello ata o ano 2011, e coordinar esta Política coas iniciativas que, no mesmo ámbito, vaian  levar a cabo os propios axentes sociais e económicos, e as Administracións Públicas competentes", sinálase dende o Concello de Ourense.

Volver atras
Imprimir Página
 
Fotografía : JOSÉ CERDEIRA 
  Francisco Rodríguez, alcalde